Con enorme satisfacción descubrín en Internet que Juan Manuel Eiras Tojo, fillo e neto de agoladeses, músico profesional, compositor e profesor de piano tiña dedicado parte da súa obra á terra dos seus devanceiros. Inmediatamente púxenme en contacto con el para saber máis da súa traxectoria vital e profesional.
Coñecino cando neno e sabía da súa dedicación musical pero pouco máis pese a falar con seu pai, Juan Luís, de cando en vez.
Por iso foi grande a sorpresa ao coñecer o seu dilatado e prometedor currículo. E con el tres obras dedicadas á nosa común terra de Agolada: Xota para Agolada, unha xota valseada que interpreta ao acordeón co grupo Malvela de Mos, Mar de Pedra interpretada co grupo Irtio e Enerxías renovables, Op. 2. Esta obra está escrita para frauta, clarinete e fagot e consta de tres movementos. Cada un leva por título o topónimo de terras dos seus avós: "As Brañas", "Tras da Costa" e "Na Revolta". É unha homenaxe a eles e ao seu tío José Antonio que vivía con eles.
Como vedes, un enorme agasallo e honra a este territorio que ten nos seus fillos o recoñecemento e dedicación que a engrandecen. A continuación ofrézovos o seu currículo profesional.
Juan Manuel Eiras Tojo nace en Vigo o 30 de maio de 1977. Obtén o Título de Profesor de Piano polo Conservatorio Superior de Música de Vigo co profesor D. José Manuel Fernández Fernández, o de Mestre en Educación Musical pola Universidade de Vigo e o Título Superior de Composición polo Conservatorio Superior de Música de Vigo.
Participa como músico de sesión, arranxista, orquestrador e produtor artístico en numerosas gravacións, entre as que destacan “Mar de Pedra”, (Irtio, Discmedi 2002), “X Certame galego de música folk – Xuventude ‘99” (Irtio e outros, Xunta de Galicia 2000), “I día da música xove” (Irtio, Xunta de Galicia 2000), “Alfolíes” (Alfolíes, I certame folc Radio Obradoiro 2000), “Que o pano non me namora” (Malvela, Ed. do Cumio 2004), “O aghinaldo” (Malvela, Pai produccións 2005), “Da miña xanela á túa” (Malvela, Pai produccións 2007).
No eido da música culta ten publicadas varias obras: “Suite para trío de percusión nº 1, Op. 1”, “Obras para piano” (varios), “Enerxías renovables, Op. 2”, e “Mínimal ravings, Op. 7”, todas elas publicadas con Dos Acordes. Ademais colabora con esta editorial como transcritor.
Na actualidade imparte as materias de Análise, Harmonía e Novas tecnoloxías aplicadas á Música, dentro do Departamento de Fundamentos de Composición no Conservatorio de Música Profesional de Vigo, onde está destinado como funcionario en prácticas.
Con trinta anos e este brillante expediente, estou convencido de que estamos ante unha promesa no panorama musical que poida que nos honre con máis obras dedicadas a esta terra que olla nacer o sol tras o lombo de pedra do Farelo.
Polo xa feito e pola amizade que teño cos seus quero expresarlle públicamente as grazas por ter engrandecido o patrimonio inmaterial de Agolada.
Á esquerda: portada de Enerxías renovables, Op. nº2
Alguén debería estudar algún día a presenza da toponimia na literatura e, polo que vexo, tamén na música.
ResponderEliminarPondal, Novoneira, Gonzalo Navaza, etc. teñen baseado algúns dos seus escritos na sonoridade dos topónimos.
Fan ben os músicos en subirse ó carro.
Acabo de disfrutar da Xota e do Cantar do Arrieiro.Alégrome polos Eiras e pola Agolada:que os fillos dos seus fillos lle devolvan frores coma esas.Soan moi ben.Outra descoberta grazas a Busto.
ResponderEliminarunha preguntiña, o meu blog deuselle por ser americano, apareceme en inglés, por exemplo o de ver o meu perfil completo ou o de posted by: Fada Branca. Tento poñelo en castelén e nada, tento poñelo en portugués e aínda menos ¿sabes de que pode ser, refirome a se é unha cousa xeral? gracias
ResponderEliminarCon feitos así é que se consegue facer patria. Un hurra por el.
ResponderEliminarAh, unha pequena aclaración: Malvela é de Mos.
Un saúdo.
Ou sexa que foi o que conpuxo aquela peza que nos puxeche na clase. Era fermosa. Felicidades! Moitos saúdos.
ResponderEliminarhola ggggraaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaac
ResponderEliminarias polo blog