Hai un ano por estas datas rematei o cursiño no que me ensinaron a cerellar nos blogs. O Aquam Latam celebra o seu primeiro aniversario (A Cova do Raposo celebrouno hai uns días). Non temos motivos para celebracións pero tampouco existen para o contario.
Agolada conta agora con máis presenza na Rede, que é tanto como dicir no mundo. Aquí teñen deixado comentarios desde Nova Zelanda, do Reino Unido, de Bos Aires, de Burkina Faso, de Quebec no Canadá, de Tenerife, e contamos cun fiel seguidor na ONU. Puxen os de lonxe primeiro, depois vides todos os demais.
A miña pertenza á Asociación Amigos dos Pendellos tivo moito que ver co xermolo desta idea. Case catro anos de xestións e actividades teñen por forza que deixar o seu pouso. Aquí queda recollido unha parte dese traballo. E espero que algún día vos poida contar neste caderno dos froitos recollidos.
O amor á terra onde un nace é outro estímulo que me alenta nesta tarefa case diaria na que levo verquido 681 entradas. As 25. 456 visitas en dez meses (0 10 de febreiro puxéralle o contador) que acabo de contar hai un anaco son un estímulo e unha responsabilidade. Cando levo días sen dicirvos nada sinto ata remorsos.
Nisto dos blogs levo observado que son tan diversos coma as propias persoas. Cadaquén cos seus gustos, coas súas afeccións, cos seus intereses. Hai moita máis diversidade ca na prensa escrita. Os xornais parécense entre si. Os blogs co seu personalismo conseguen un plus de orixinalidade e reflicten en alta medida a personalidade de quen o escribe. É ese diario publicado no que imos baleirando ideas, pensamentos, reflexións, as miudezas que non distraeron no decorrer do día. A min sucédeme agora coa cámara de fotos algo que antes nunca ocorrera. En repetidas ocasións fago fotos pensando máis no blog ca no feito de posuír esa foto.
É certo que isto dá traballo e ocupa tempo pero é unha experiencia altamente gratificante. Aí estades varios amigos de Agolada seguindo o día a día e os amigos virtuais que paseniñamente van tomando corpo e realidade física.
Moitas grazas aos que seguides isto con atención e non cito a ninguén en particular. Todos as merecedes.
Moitas felicidades!
ResponderEliminarSaúdos,
Manuel Vázquez
Parabéns polo aniversario. Hoxe es un punto de chegada nalgún momento de todos os meus días. Eso creo que está ben.
ResponderEliminarApertas, compañeiro!
Noraboa por este ano! Saúdos da filla do teu curmán de Ferreiroa :)
ResponderEliminarNoraboa por este ano tan fecundo que non é nada doado manter o ritmo que levas.
ResponderEliminarA min pásame outro tanto co asunto das fotos e os blogos. Cada día penso no blogo varias veces e busco nas fotos que teño para sacar ideas.
Eu empecei antes, alá nos EEUU, porque era un xeito formidable de informar aos coñecidos e arquivar fotos e historias e cando me enteirei de que viña o Leo en camiño apareceu outro motivo para seguir co blogo. E nesas estamos.
Bueno, despídome que tés cousas que atender.
¡Cumple ano feliz!
ResponderEliminarNoraboa e grazas por adicarnos o teu tempo, que o ben máis prezado.
ResponderEliminarMoitas felicidades. Oxala te�amos mais noticias sobre os "Pendellos". Moitos saudos
ResponderEliminarun ano non é nada....se acaso un chospiro, un chasquido de dedos, unha ollada perdida no ceo na lontananza de vida....Un ano será se acaso un dia cando ninguen de nos estea, alguen mirara, recuperara, na rede as nosas imaxes, as nosas opinions, as nosas vivenzas, querencias, ledicias e penas, e dara en pensar que ¡quen serian estes tolos fermosos dos sonos baldios¡.Enton o tempo "perdido neste traballo ¿inutil?, habra valido a pena.
ResponderEliminarAlo menos teño esa esperanza, nos meus fillos é un dia nos seus, ¿Talvez?
Noraboa, e unha aperta.
Vemonos maña, e sempre, a pesarem da distancia...
Moi ben Busto.Si hoxe estivera na proxección felicitaríate persoalmente.
ResponderEliminarFoi un ano memorable e casi fas un milagre: xa temos mas presenza na realidade virtual do que na dura realidade.
Saudos,
Quinteiro
manolo, ¡que che vou dicir!, seguro que es unha persoa que ama moito, porque cando alguén ofrece con tanto agarimo e perseveranza a esencia do que sente, a matria e patria da raíz da que agromamos, nada é en balde e nós, con humildade, recollemos anaquiños desa enorme sementeira coa regas o mundo.
ResponderEliminarapertas dende toxomar!!!!
Felicidades por ese ano.
ResponderEliminarNoraboa polo traballo que realizas e nos amosas día tras día e moitos ánimos para que continúes nesta andaina.
ResponderEliminarUnha aperta.
Parabéns, Manolo. E non pares.
ResponderEliminarSucasas.
Noraboa por o aniversario. Estás facendo un bo traballo. Eu nunca estiven na golada, e veño por aquí por o menos duas veces a semana, a ler o que escribeches e ver as fotografías. Despois de todo A Golada parecese tanto a outras paisaxes que levo dentro de min!, síntome cerca de ese pobo que non coñezo e que cando vaia, sentirei que xa estiven.
ResponderEliminarClaro os post que se refiren a personaxes non se me achegan igual, pero toda a xente da Golada debe estarche ben agradecida.
parabens!
Por certo o outro dia na tele, non recordo en que cadea, estiveron falando dos pendellos da Golada, e lembreime de ti!!!!!
ResponderEliminarNoraboa, Manuel! Grazas por compartires connosco o teu amor á terra e as vivenzas cotiás.
ResponderEliminarE que cumpras moitos máis...