10 de decembro de 2007

HÓRREO HISTORIADO

Aldea de Vistuíde (Rodeiro). Aí tedes un fermoso hórreo, coidadosamente labrado. Destacan o tellado de lousa granítica, as columnas con rebaixe acanalado e os tornarratos arredondados. Pero o máis ilustrativo é a escena de caza que o coroa nos remates. Un home cunha rudimentaria escopeta á esquerda e unha pomba ou perdiz colocada na base da cruz do outro remate.

8 comentarios:

  1. si ho, saleunos artista o canteiro! ;)

    Está moi ben conservado i e un horreo ben orgulloso.

    ResponderEliminar
  2. Boa fábrica, si señor. Este tipo de construccións con base recta, asentada sobre "mesas" ou "capelas" son máis propias da provincia de Ourense e do norte de Portugal.
    En Antas hai algúns exemplares semellantes a este que amosas, ainda que os remates ou adornos das sobrepenas do de Vistuíde son ben singulares. Teño imaxes dun en San Xulián do Campo (Taboada) con uns motivos semellantes.

    Saúdos

    ResponderEliminar
  3. Faime lembrar un canastro de Ponteareas que puxen no meu blogo.

    http://leoeosseus.blogspot.com/2006/11/coa-liberacin-de-roberto-estou-ledo.html

    ResponderEliminar
  4. Sempre que vou polas aldeas gústame ver os horreos.Seguro que este era fermosísimo. Moitos saudiños

    ResponderEliminar
  5. Curioso remate. Aquí o San Xulian, tamén leva escopeta.

    ResponderEliminar
  6. Si que é interesante, si. Hai que felicitar o canteiro.

    ResponderEliminar
  7. Também gosto de espigueiros (o nome que os hórreos têm em Portugal, por causa de ser o lugar onde se guardam as espigas), eles encontram-se muito na zona que vai desde o Porto até ao Rio Minho. Em Trás-os-Montes são muitos raros (infrequentes).

    Bom blog!

    Abraços.

    ResponderEliminar