9 de decembro de 2007

IMPACTOS VISUAIS

Procuro reservar un momento, unhas horas á semana para perderme polos camiños e estradas, entre paisaxes que varían nas cores, nas texturas, nas formas. Encontro espazos virxes, alonxados, preservados da acción humana, inmaculados. Pero cada vez escasean máis. Alí onde intervimos, a paisaxe resulta mancada, adulterada, pervertida. Como testemuños traio estas tres fotos que recollen paisaxes de Antas de Ulla, Rodeiro e Agolada.
Na foto superior vemos un casal abandonado hai anos. Está entre Valdriz e Ludeiro. O casal conta con vivenda, cortes, palleira, hórreo e poida que teña forno e pozo. Mantén impecable a arquitectura e os materiais de fábrica. Está enmarcado por un bosque autóctono e os eidos de labor. O único elemento que distorsiona a paisaxe son os eucaliptos do fondo, árbores aínda novas que en poucos anos deixarán diminuída a escala dos carballos e das construcións. E coa súas follas perennes asombrarán a paisaxe no inverno cru. Eu aos eucaliptos máis que buscarlle os perxuízos edafolóxicos, encóntrolles ese outro defecto: asombran as paisaxes, crean bosques escuros que nos días anubrados semellan noite e a súa desmesura non se corresponde coa suavidade do relevo galego.
A segunda foto corresponde ao parque eólico do Farelo, visto desde Mamoelas (Rodeiro). Aquí sobran as palabras. Basta a imaxe. O impacto visual é evidente.

Nesta granxa de Vistuíde (Rodeiro), ubicada nunha paraxe natural de media montaña con bosques caducifolios, a suma de elementos discordantes resultoume impactante. A propia granxa é unha liña de bloques e uralitas que se estira lonxitudinalmente. Depósito de fibra verde sobre depósito de formigón, apoiado sobre piares igualmente de formigón, postes metálicos e de formigón, transformador eléctrico, bolos de plástico branco... Todo é necesario, xa o sei, pero o impacto visual é unha realidade incontestable. E aínda máis, porque ao fondo a cámara, por mor do contraluz, non recolleu as tarabelas do parque eólico do Faro, sobre o horizonte da montaña que hai detrás da granxa.
Non vou extraer conclusións. Que cadaquén faga as súas cavilacións.

7 comentarios:

  1. Sento estár un pouquechiño desaparecida pero a vida e un pouco puñetera ultimamente. Quero dicirche que non me esquezo do teu fantástico blogue

    ResponderEliminar
  2. Vendo a primeira foto en segundos foiseme a chola a esbozar unha historia de inicio chea de ilusión, traballo e fillos ata chegar a decadencia, vellez e abandono... "o tempo" e "os tempos" fixeron o seu traballo.
    Secadra non foi unha historia moi distinta da que está a ser presente na fea granxa da última foto.
    E o que ten vivir, que non sempre a estética acompaña a productividade.
    Unha pena.
    Por a miña aldea hai tamén algunhas desas casas a medio derruir, ou pechadas gardadas coa chave xa ferroñenta, esvaíndose a cor das madeiras e medrandolle óredor a maleza. Apodrecen aperos no pallal esperando un modo de vida que xa non vai voltar. E dificil casar o gañarse ben a vida no campo coa imaxe tradicional que conservamos na memoria.

    ResponderEliminar
  3. Ola Busto.
    Vouche contar unha cousa: estiven hai d�as semanas na casa de Vistu�de que retratas co dep�sito verde. Non sei se o sabes, se non sorprenderate saber que � unha granxa... de cultivo ecol�xico! Venden pensos para animais de produci�n integramente ecol�xica, penso que � a �nica marca de galicia, ou polo menos a �nica que eu co�ezo. Tam�n dispo�en de leite ecol�xica (non das s�as vacas, tr�ena de Cantabria -"Leche Buen Pastor", m�is barata c� President). O que si � deles � os ovos e os queixos ecol�xicos. A�nda que por f�ra te�an o entorno como ti moi ben retrataches, coma sempre, co teu ollo aberto.
    Ata pronti�o, apertas da t�a veci�a!

    ResponderEliminar
  4. Outra coincidencia curiosa, Vanessa. E non sabía de que tipo de granxa se trataba. Vese que as miñas paradas son só fotográficas en moitos casos.
    Apertas.

    ResponderEliminar
  5. Sabes? Eso de que deixen asi as casas, a min non me gustan nin a ninguén (polo xeral. Moitos saudíños

    ResponderEliminar
  6. O lugar da casa que amosas na tua foto chámase Ourás, na parroquia de Reboredo. Conserva, como ti dis, a disposición e fábricas iniciais; incluido un hórreo mixto (madeira e pedra), de dous claros suspendido sobre cepa de mampostería.
    De igual xeito que en moitos casos, a familia orixinaria dese lugar, tomou o nome do lugar e con él son conecidos no zona.

    Na foto da granxa, seguindo o comentario de Vanessa e sin entrar en valoracións de moito calado, sí convén dicir que -por moi ecolóxica que sexa a producción- o impacto visual é o que é (feo). Nese senso considero que xa chegou a hora de "saber envolver o producto". Temos que mellorar a imaxe do país. E se pretendemos ter o selo da ecoloxía, con máis razón ainda.

    Pufff, como me enrollei hoxe!!!
    Saúdos

    ResponderEliminar