San Martiño pasou e non chegou a todos os porcos (dígoo por aquilo do refrán). Polo que puiden comprobar o pasado día 6 de decembro nunha agradable mañá de bicicleta, o día da Constitución sentoulles peor a estes animais. Cheguei a pensar se non sería o xeito galego de honrar a Carta Magna, porque nun percorrido de 34 quilómetros encontrei ata oito matanzas. Conservar as tradicións e introducir leves variacións para adaptarse aos tempos: velaí o equilibrio entre conservadurismo e progreso, a harmonización que precisa toda sociedade.
Esta mata da foto recolle o momento de chamuscar os animais, neste caso polo método tradicional. Uns quilómetros máis adiante encontrei quen chamuscaba cun soprete de gas butano. Noutra matanza abrían o porco en canal colgado dun gancho que se acopla ao elevador do tractor e tamén houbo unha na que lavaban o animal despois de chamuscado cunha hidrolimpadora de presión. Tradición e innovación. Confeso que a hidrolimpadora deume a impresión de que podíar mazar a carne. Quizais saiba mellor!
Eu asistín a unha precisamente o día 6 na casa duns familiares. Durante a comida debateuse moito o asunto da entrada en vigor das normas sobre sacrificio de animais.
ResponderEliminarO "matón", un tradicionalista con moitos triennios nesta arte mostraba a sua absoluta oposición. A conversa acabou derivando nas corridas de touros; e, nese caso, o mesmo "matón" decía que o que se fai cos animais na praza é unha barbaridade.
Saúdos
Amigo Chousa, o que son as cousas; tres das matas que presenciei foron na túa terra: unha en A Somoza, outra na entrada de Antas cando chegaba de Santa Cristina e a terceira no Castro de Amarante.
ResponderEliminarAgora só falta que me digas que ti estabas nunha desas tres.
Moitos saúdos.
¡ai, que susto!, resulta que cando lin o título do teu texto, en vez de ler a tradición da mata interpretei "a tradición mata", pero bueno, en si o que mata é a propia vida... pero volvendo ás túas palabras e ao tema da hidrolimpadora e o de mazar a carne, tamén a miña cabeza me levou a outro tipo de mazaduras, que eran as que tradicionalmente se lles facía aos polbos, ao pé do peirao, para amolecer a súa carne. agora xa non o fai ninguén. tal proceder foi mudado por meter ao cefalópodo uns días no conxelador.
ResponderEliminarbea (toxomar)
Pues yo vi en una pulpería de Melide que los "mazaban" dentro de una hormigonera portátil...
ResponderEliminarSe algo ha perdurar é porque se adapta ós novos tempos, porque se renova. Se non... morre.
ResponderEliminarAdmito que non sería quen de asistir a unha matanza do porco, neste caso, (como ainda non me fixen vexetariana, dádeme tempo porque a iso gustariame chegar -ai, santo xamón, prega por min-)son moi hipócrita, miro para outro lado, non quero pensar como chegan ó meu prato os riquísimos ibéricos. Amólame dabondo ser partícipe desas matanzas, porque hai suficiente para alimentarnos sin ter que recurrir a criar animais para sacrificalos, pero neste caso mais ca nunca "a carne é debil, sobre todo a do xamón ben curadiño, no seu punto de sal"
Pois non estaba en ningunha desas, Busto; xa que á que eu fun non quedaba no teu itinerario. Ademáis, eu fago igualiño ca Zeltia: vou xantar, dende que o bicho está feito unha freba...
ResponderEliminarPenso que teño o xeito de contactar contigo para tomar ese cafe no Farelo
Pois por Arbo tamén foi o día seis e no ano pasado tamén. Vaia maneira de celebrar a constitución !. Mátase a coitelo enriba dun banco de madeira tradicional. Chamúscase estilo tradicional con fentos e colmo e logo lávase con hidrolimpadora.
ResponderEliminarCurioso que tamén se falou das corridas de touros no xantar.
Un saúdo.