Lembro o disgusto que causou en instancias eclesiais da zona a súa inauguración. Representaba pouco menos que unha catapulta ao Averno. Mirado desde a actualidade sérveme para comprobar outra vez máis a relatividade da vida.
O declive deste espazo de lecer coincide co inicio do devalo demográfico de Agolada, coa mellora das vías de comunicación e os medios de transporte e coa aparición das discotecas ou outras salas de baile mellor acondicionadas nas vilas dos arredores.
Ollado coa perspectiva dos anos decátome de que a existencia desta sala dotaba de vida e de algarabía esta vila insignificante, as rúas e os bares respiraban acugulados o bulicio da mocedade. Ir e vir de coches, dos autobuses do Torres de Brántega, do Suárez de Arcediago, do Meixide...
¡Como se bota hoxe de menos aquela festa de xentes!
Na foto aparecen amigos meus, mozos de finais dos anos 70, un día festivo calquera, seguramente con baile, que empezaba á tardiña e remataba entre a unha e as dúas da madrugada. Subidos na ventá: Manix (do que hai trece anos que choramos a súa ausencia) e Ramiro; abaixo: Carlos de Cabanelas, Tucho, José Ramón, Julio, Nando, Pepiño Meixide, Gonzalo do Trabancas e Román do Eiras.
(Foto do álbum de Tucho do Mutilado).
Eu fun algunha vez (poucas) ó baile Agolada. O que non sabía era que lle chamasen "El Moderno". Pensei que simplemente era A Sala de Festas.
ResponderEliminarEn Antas houbo un local que lle chamaban "O Salón" e que cumplía unha moi similar función. Curiosamente o propietario tiña na parte de diante un Bar chamado "Moderno".
A día de hoxe, nin o Salón nin o Bar Moderno siguen abertos. A xente nova (cada vez de xeito máis precoz) tamén deixan Antas para ir a zonas "de marcha" ubicada en outras vilas...
Feliciano.
ResponderEliminarUn icono da movida agolense.
ResponderEliminarSucasas.
oe, os que están na fiestra son john lennon e mccartney
ResponderEliminarsaúdos, gustoume o teu blogue
¡Cantas lembranzas! Aínda que vivía en Melide, ía co meu tío Imerio. Alí quedaron os mellores momentos da miña xuventude. Nós si que sabiamos divertirnos. Saúdos para os que moceamos "na de Salvio".
ResponderEliminar