Sei do privilexio de vivir nun país onde abundan as paisaxes dignas de ser pintadas por un artista sensible e capaz. E consciente desa vantaxe percorro o territorio tratando de aprehender a beleza cíclica das estacións.
Sei tamén da inconsciencia humana que en reiteradas accións irreflexivas segue a depredar paisaxe, natureza, beleza..
Un gran non fai celeiro pero axuda ao seu compañeiro. Ao recoller isto aquí quero poñer un gran nesa tarefa común que nos corresponde de legar o territorio que recibimos en condicións dignas ás xeracións que nos sucedan. Por obriga, por solidariedade e por sabedoría.
Pois apúntame para facer morico de area, que eu concordo nas tuas reflexións.
ResponderEliminarBo Nadal
(Pois a ver logo se hai xeito de contactares nestas días. Xa sabes como atoparme)
Si, aí tes razon. Moi boas festas. Moitos saaudos
ResponderEliminarBusto, sabes o que? Xa telño a zanfona na casa, ao final miña nai mercouma. Estou moi contenta.
ResponderEliminarPor obriga,por solidariedade e por sabedoria
ResponderEliminarEste comentario foi eliminado polo autor.
ResponderEliminarNon hai obra de arte que me conmova da maneira que o fan as paisaxes. diante de algunhas venme a cabeza a canción esa de what a wonderfull world, (que non a podo disfrutar normalmente porque se me recordan tantas maldades inxustizas dores mortes e penas...) pero diante de algunha paisaxe esquéceme esa realidade paralela e centrome na beleza que teño diante, e entón sí que me emociono, e sei que son parte do entorno, xa son árbore ou pedra, ou folliña da silveira, i é cando menos soa me sinto porque son parte de todo.
ResponderEliminaruaaaaaaauuu
ResponderEliminarparece un cadro de monet, pero mellor aínda, pódese brincar por el