9 de xaneiro de 2008

VICENTE ARAGUAS

Acabo de ter noticia da concesión da Insignia de Ouro da cidade de Ferrol ao amigo Vicente Araguas. E quero expresarlle desde aquí a nosa alegría por tal recoñecemento que se vén a sumar a outros moitos galardóns merecidos, que leva recollidos na súa dilatada actividade literaria e musical desde aqueles tempos en que formou parte do movemento mítico Voces Ceibes.
Vicente Araguas quedou vencellado con Agolada dun xeito moi especial o pasado 21 de abril coa celebración das Vodas de Prata dos Premios Esquío de Poesía nos Pendellos. El foi o encargado de conducir o acto de forma maxistral. As voces dos poetas e a música poucas veces encontraron mellor marco para gozar da arte baixo un sol espléndido de abril.
Vicente, sei que ese día permanecerá durante moito tempo na túa memoria. En Agolada xa é un fito na súa historia. Queremos reservarche unha segunda invitación para cando poidamos presentarvos alomenos unha parte dos Pendellos restaurados.

3 comentarios:

  1. Como me gusta o rapaciño (ou rapaciña) toda repantigada enriba do muro!!!. Jajaja

    ResponderEliminar
  2. Pois dígoche quen é, Chousa, porque ten o seu aquel. É unha das fillas do meu homónimo,amigo e colega Manuel Busto Magdalena, pintor e profesor de debuxo no IES de Vilanova de Arousa.
    Saúdos.

    ResponderEliminar
  3. Manuel Busto foi meu profesor en chantada, tempos difíciles de recordar, a nena parece que herdou del a súa templanza.

    ResponderEliminar