9 de xaneiro de 2008

DIFERENZAS DE NIVEL


Neste caso as imaxes expresan moito máis que o que eu poida dicir coas palabras. Entre as dúas median oito meses. A de arriba foi feita o pasado 31 de decembro e a de abaixo é de finais de abril. Están tomadas desde a ponte que hai sobre o río Arnego no encoro de Portodemouros, na parroquia de Brocos.
A ver se nos invita a reflexionar sobre o coidado e preservación do ouro líquido.

8 comentarios:

  1. A verdade é que é unha imaxe impactante.

    ResponderEliminar
  2. Impresiona bastante si. Sobre todo se tes unha imaxe como a de abaixo na retina, e meses despois volves pasar e te atopas ca sorpresa de que a paisaxe non se parece nada o que ti lembrabas.

    ResponderEliminar
  3. Si que impacta. Ca auga que hai no mar, ainda non entendo como non se planifica xa, pra que os váteres das ciudades e pueblos lindantes co mar, non usan esta auga, xa que suporía un gran aforro de auga potable.

    ResponderEliminar
  4. Impresionante!. Esto sí que é unha ilustración.

    ResponderEliminar
  5. ai,mimadriña.....
    bea (toxomar)

    ResponderEliminar
  6. Mi madriña!! Onde irían os peixes si é que quedaban!

    ResponderEliminar
  7. Eu fun cando o poboado estaba ao descuberto, e cando aínda a auga estaba aínda mais baixa. Aínda segue o poboado na superficie?


    Moitos saúdos.

    ResponderEliminar