Pois si, creo que moitas cousas que facemos no plano material e tamén noutros contextos, poden ser melloradas e tratadas con outra sensibilidade.
Unha farola de estilo isabelino de recente instalación á beira do cruceiro das procesións de Borraxeiros pode ser un exemplo do que anteriormente acabo de expresar. Cun mínimo de atención e planificación seguro que habería un lugar máis axeitado para colocala nun recanto do campo da festa.
Na mesma parroquia hai estoutra construción, un modernísimo cabaceiro. Tan moderno que ten a base cilíndrica feita con aros dos pozos, plataforma circular de formigón, varas de tubo galvanizado rematadas con topes de goma. E o resto á vista está. O mellor resulta ser a cuberta con colmo de palla. Fóra diso, o demais non casa coa tradición.
outros dous bos exemplos para a colección de feismo, o segundo vexo máis dificil de solucionar porque ahí vai o gusto de cada quen, pero o da farola e cousa de planificar mal, e non reparar siquera no resultado final
ResponderEliminarNon, ho!
ResponderEliminarO que pasa é que non sabedes ver as cousas: Non iluminan en todos os sitios os seus monumentos?
Pois esa é a misión da farola con respecto ó cruceiro.
Én canto á segunda imaxe, así non campa nada, pero en canto lle poñan unha placa solar entre as pallas xa será un magnífico exemplo de tradición e modernidade, que é o que se leva.
(Im)país, país, ...
Suso
Si é verdade, non queda moi ben, o da farola fatal. E o cabaceiro non pega moito. Pero bueno que se lle vai facer agora é tan moderno que.... Moito saúdos
ResponderEliminarEstá claro que algúns non teñen nin o máis mínimo sentido da estética.
ResponderEliminarO da farola, ao fio do que di Suso, tamén pode ser debido a que escoitaron aquelo de "Ego sum lux mundi"; e decidiron que xa era hora de que a "lux" fose de Fenosa...
Unha aperta