23 de febreiro de 2008

AQUILINO SARANDESES

Aquilino Sarandeses naceu e viviu en Agolada toda unha vida. Procedía dunha familia de moitos irmáns e cando fundou a súa tamén tivo unha prole extensa. Profesionalmente foi labrego, arrieiro e taberneiro. Coñecía tamén o oficio de pedreiro. En 1980, Ton van Vliet retratouno coa súa cámara. O rostro de Aquilino leva impreso o mapa dos soles e as xeadas e unha mirada franca e fatigada preside a serenidade da instantánea. Pouco sabían Ton e Aquilino da trascendencia daquela hora. As fotos do holandés, para os agoladeses, posúen agora todo o valor e importancia que se incrementa segundo van desaparecendo os retratados.
Nas seguintes fotos aparece Aquilino arrendando nas patacas, achegando a terra ao talo da planta prometedora e arrincando as herbas intrusas que todo o colonizan.
A leira, amparada entre valados, albisca os horizontes da serra do Faro e recibe os soles do mediodía.

9 comentarios:

  1. Hola,

    En navidades estuve de vacaciones en Lalín pero al tener los dias tan contados no tuve la ocasion de pasar por Agolada. Creo que conoce a mi tio Alfonso de Ventosa.

    Por cierto dentro de un par de semanas voy a visitar a Ton van Vliet.

    Me gustaria que se pusiera en contacto conmigo por email.

    Saudos desde Rotterdam,
    Manuel Vazquez
    (vazquez@planet.nl)

    ResponderEliminar
  2. Moi bo o retrato, moi expresivo. Facedes ben en gardar tódalas fotos, algún día haberá unha exposición na que este home e outros veciños, a través das suas imaxes, retraten a historia da vila.

    Un saúdo.

    ResponderEliminar
  3. Preciosas e carregadas de sentimento e ata vida, diría eu.
    Ton van Vliet sabía o que facía.

    ResponderEliminar
  4. Grazas polo interese xa estou un pouquechiño mellor, a prova é que ando de novo por aquí dando guerra. Bicos. Se podes dille a aniña que estou esperando a resposta que aínda non me chegou, ela creo que o entenderá

    ResponderEliminar
  5. Su cara tiene los surcos que ha hecho en el campo... mis tíos tienen esas mismas marcas.... un saludo.

    ResponderEliminar
  6. As fotografías son un tesouro que tedes para a historia da vila
    E da que pensar eso de que un instantiño, un intre, un chisquiño do ollo, quede ahí... (non para sempre que iso e moito tempo)para sempre mentres haxa alguén que lle importa.
    E ahí estás a facer tí un bo labor: gardar, transmitir e achegar (como a terra ás patacas) a carón do sentimento dos novos o amor por a golada.

    ResponderEliminar
  7. Aquilino e o meu avó.El foi moi importante para a miña familia,traballador e agarimoso; e ainda que nos falta dende hai anos,eu teño presente acotío.Espero que todos recordedes asi aos vosos avos.Gracias por visitar esta paxina.

    ResponderEliminar
  8. O anónimo son eu,ROCIO.

    ResponderEliminar
  9. Aquilino era tambien mi abuelo, y a pesar de no vivir tan cerca de el como vivia mi prima Rocio(que escribe arriba) pues tambien le echo mucho de menos,era un hombre bueno ,su rostro en la foto que se ve al pricipio de esta pagina lo dice todo.Era un hombre que siempre tenia un detalle para sus nietos ,todos lo queriamos con locura y siempre estaba dispuesto a enseñarnos cosas de la vida y de su experiencia.Añadir que ademas de los oficios que arriba se indican tambien fue zapatero.
    Si el cielo existe.... ese es su lugar sin duda alguna, aprovecho para mandarle un beso enorme alla donde este. Te echamos de menos

    ResponderEliminar