Percorre 800 metros ata encontrar a estrada local que vai de Berredo a Brántega. Aquí crúzaa, como vemos na foto, e entra na parroquia de Berredo. Desde este punto empínase nun descenso pronunciado ata acadar as ribeiras do Ulla. Este é o tramo mellor conservado.
Cando se empezan a avistar as terras de Santiso, o pavimento do camiño xa se lle advirten obras de pavimentación bastante recentes que permiten unha baixada moi cómoda e os signos do pasado apenas son perceptibles.
Neste tramo as panorámicas esténdense polos concellos de Arzúa, Melide, Palas e Santiso, cuxa capital vemos no centro da foto.
Cando chega a A Cornella, o camiño vólvese pista forestal, de máis anchura e pavimento de grava.O camiño entra e entraba na aldea de A Cornella, que debe o seu nome seguramente a que está situada nun promontorio rochoso con forma de corno.
Aquí en A Cornella, o camiño cruzaba o Ulla por unha ponte que se remonta á Idade Media, desaparecida a principios do século XX. Hoxe hai unha ponte de formigón situada a escasos metros río arriba de onde houbera a primitiva.
Desde aquí o camiño seguía por Arcediago (Santiso), Campos (Melide)...
(Para Fini, colega de profesión, oriúnda de Berredo e que acaba de descubrir o Aquam Latam desde Huelva. Que sexa benvida).
Descubrín hai poucos días que vivo a cincuenta metros da vía romana XIX. Quen o ía dicir ?. Por suposto que está totalmente actualizada e asfaltada.
ResponderEliminarOutro asunto. Parece que Agolada é terra fértil en blogueiros que descubrín varios estes días.
Ola Pedro: Pois si naceron moitos blogs seguindo a estela do Aquam Latam. Aí están os amigos Ángel Utrera (Aopedofarelo, o seu fillo David (d'Agolada) e un amigo do fillo, David Sousa (asbeirasdoarnego) e un parente meu (terradecambaeventosa).
ResponderEliminarIso alédame especialmente porque temos veciños que están emigrados e que nos seguen todos os días. É como un alimento para a alma.
Unha aperta.
Unha viaxe o pasado moi interesante, ilustrada e todo. Fas un moi bo traballo.
ResponderEliminarXa estou por reivindicar A Golada como capital galega. ;D
Un saúdo.
Silvana, grazas, pero creo que esaxeras por devoción e afecto que vai nacendo neste mutuo coñecemento que imos construíndo.
ResponderEliminarUnha aperta.
Neste paseo moito aprendo, da gusto vir aquí...
ResponderEliminarUnha aperta grande.
:)
Pois si que é longo, pero debe ser ben entrentido. A primeira fotografía encántame. Moitos bicos.
ResponderEliminarBonito paseo e boa recolleita a que fixeches. Tamén me sumo ás felicitacións, que son ben merecidas.
ResponderEliminarBenvida tamén a Fini.
:-D jooooo por favor! muchas gracias, de verdad, es que citas pueblos tan conocidos por mi... Artoño, en la tengo tengo a dos tías, Brántega, otra más y precisamente mi madre nació en Santiso :-D aunque luego se fue a vivir junto con sus 7 hermanos más a Berredo... Por cierto, te suenan, los conoces? a lo mejor, somos parientes y todo. Un beso y te vuelvo agradecer este post
ResponderEliminarComa sempre moi boas fotos e moi bo relato.
ResponderEliminarE unha ledicia visitar Aquam Latam.
Grazas polo teu traballo e dedicación...a pesares de me facer pecar de envexa ;-)
PODEIS VISITAR EN LA WEB"FUNDACION DOMINGO FONTAN"UNA PAGINA CON DOCUMENTACION INEDITA DE LA VIDA Y OBRA DEL AUTOR DE LA CARTA GEOMETRICA DE GALICIA.
ResponderEliminarSALUDOS