26 de febreiro de 2008

CAMPAÑAS E CAMPAÍÑAS

Esta foto, que gardo desde hai meses no meu arquivo, invítame a falar da campaña electoral que xa se puxo en marcha. Quizais pola semellanza dos termos campaña e campaíña, quizais porque neste momento comentan na radio sobre o debate televisado entre os dous principais aspirantes á Presidencia do Goberno. E aproveito a ocasión para expresar que non gusto das campañas electorais, nin da palabrería política porque non buscan a verdade e si o efecto enganoso sobre os electores. Non gusto do despilfarro que supoñen tantos desprazamentos, cartelería, publicidade nos medios...
Por tirarlle partido á foto con toda a colección de campaíñas, chocallos, cinzarras e axóuxeres expostas na feira de Agolada por un artesán de Val de Sangorza; podería comparar a variedade de discursos políticos cos sons dos diferentes sinos aquí expostos. Hainos sonoros e agradables, focos e roucos, metálicos e xordos, vivos, apagados... todos igualmente vacuos. Para aqueles que andaron os campos da nosa terra quizais non lles pareza esaxerado se digo que son máis agradables as campaíñas e chocallos que portan vacas, ovellas ou cabalos que os mitins demagóxicos, densos de simplezas dirixidas a un público maiormente servil e entregado.
Sei do esvaradío do terreo. Meterse cos políticos é fácil pero non gratuíto. Aos políticos fáltalles sinceridade e realismo e sóbralles demagoxia.

14 comentarios:

  1. Totalmente de acordo. Uff! Aínda nos queda.

    ResponderEliminar
  2. Concordo íntegramente coas túas palabras. "Menuda cencerrada de mítines" di Dona Carmen cos seus 87 anos no lombo.

    Apertassss.
    :)

    ResponderEliminar
  3. Canta razón tes! E isto non fixo máis que empezar...

    ResponderEliminar
  4. pois si. onte vin o debate, por chamarlle algo. vaia despliegue de medios, e total para nada. hoxe comentei que por qué non aproveitaron o tempo para falar do seu programa, para que cada un dixera os pros no punto do programa que se tratase e tal, e tácharonme de ignorante, seica "un debate" non é eso, un debate e... dicir pois tí mais, pois anda que tí...
    quédome cas campaniñas timbradoras

    ResponderEliminar
  5. Terreo pantanoso, certo. As sentencias xeralistas de "todos son iguais" son para min bastante tristes e deprimentes. Pero non sei se haberá alguén que consiga sorprenderme.
    Apertas

    ResponderEliminar
  6. SI é verdade, totalmente de acordo. Eu onte tiven que soportar o debate entre Zapatero e Rajoy, porque puxérono en todas as cadeas, menudo aburrimento!!!!

    ResponderEliminar
  7. Encantoume a analoxía que fixeches entre as capañas e as campaíñas e as variedades de sons e de discursos. Moi ben.
    O pior do debate, foi que o puxeron en todas as cadeas, e non rematou ahí senon que despois o analizaron, tamén todas as cadeas. E ademáis esta mañá pola radio non había outra cousa, ousexa unha fartura, por se ainda non probaramos o pastel, pois ala, empacho.
    Por suposto nese debate de Galicia non se falou nada, nin unha soa mención....
    Apertas.

    ResponderEliminar
  8. Tamén por estas terras chamámoslles cencerros.
    E despois disme que o sutil son eu...

    ResponderEliminar
  9. Dende logo que fan millor música as vacas que os políticos.
    Entendo cando din que a política é un mal necesario e ogallá acaben coa campaña.

    ResponderEliminar
  10. O perfíl dos nosos políticos é noxento, na maioría dos casos son xentes sen escrúpulos que só desexan chegar a poltrona para beneficiarse dela.
    Onte, eu tampouco aguantei eso que lle chamaban debate.Cada cinco minutos quedábame durmido, despertaba e preguntáballe a minha compañeira ¿Que dixeron? ..."nada, non dixeron nada".
    E se me preguntas quen máis me decepcionou, diríache que Zapatero porque de Rajoy xa non esperaba "nada"
    Como aquela frase de San Juan de la Cruz, na subida do monte Carmelo que decía " Nada, nada, nada, nada. Y en el monte nada. Y por aquí no hay camino- que para el justo no hay ley"
    Unha aperta, amigo meu.

    ResponderEliminar
  11. tes toda a razon, o despilfarro das campañas electorales é escandaloso e total para que, para que nos sigan mentindo e mentindo

    ResponderEliminar
  12. "O inferno son os outros, dicía Sartre. Equivocábase. El infierno eres tú, campaña".
    La Voz de Galicia, 26-2-08. Xosé Carlos Caneiro.
    Saúdos.

    ResponderEliminar