3 de febreiro de 2008

DOMINGO DE ENTROIDO

O pasado forma parte indisoluble da actualidade dos pobos. Aquel que renuncia voluntariamente á memoria do que foi, autocondénase ao ostracismo e elimina de inmediato o pouco orgullo que lle resta.
Hoxe é domingo de entroido e non asistín a ningún desfile nin comparsa de máscaras, pero recupero estas imaxes de 1976 nas que aparecemos disfrazados aqueles mozos emprendedores e ilusionados que desde o teleclub poñiamos chispa e alegría en Agolada. Un día terei que lle dedicar ao teleclub un capítulo especial.
As dúas fotos están feitas no interior da Sala de Festas, durante o baile que sempre animaba esta data sinalada no calendario.
Tiñan o seu mérito estes disfraces, elaborados por nós mesmos nas casas e nas reunións no teleclub, con moita imaxinación e menos medios. Poucas cousas compradas (non había nin onde compralas) e moito recurso ao baúl da roupa vella. E toda a espontaneidade e gana de troula que sempre caracteriza á xuventude.
Un aspecto que me disgusta de moitos concursos de disfraces que se convocan en diferentes lugares actualmente é o de que se non hai premios xa non se lle encontra sentido ao feito de caracterizarse. E por riba que poñan música, que haxa bombas, etc. A cultura subvencionada. A cultura debe partir do pobo e basearse na iniciativa do pobo. Foi así en moitos casos ao longo da historia.
(A foto en branco e negro cedeuma Tucho Blanco Iglesias, a de color foi feita coa miña primeira cámara).

6 comentarios:

  1. Aínda que non asistiras, aínda quedan os recordos, non?

    ResponderEliminar
  2. Antes decíase que se ía "correr o entroido". Agora parece que se pretende "bailar".
    Boeno, os tempos cambian; pero compre recoñecer que sí voltou a ter unha importante recuperación nos últimos anos.

    Unha aperta

    ResponderEliminar
  3. gustame as tradicions pero non o que está a pasar con elas

    ResponderEliminar
  4. seica atisbo un chisco de morriña do pasado? :) din que a ilusión non é patrimonio da xuventude, e a tí véseche que non che falta e que che sobra compromiso, así que, veña, o ano que ven, a caracterizarse con calquera apaño e resucitar o entusiasmo que puñiades nos tempos do teleclub. Estou xa desexando ler esas "crónicas de un pueblo"

    ResponderEliminar
  5. Todo cambia mal que nos pese. Tampouco podemos quedar estancados no pasado; aproveitar o bo del, si, pero o tempo foxe.

    ResponderEliminar