Dixo don Camilo José Cela que a el a inspiración sempre o collía co lapis na man. A min tamén. Ou quizais coa cámara de fotos, ou percorrendo a xeografía nunha bicicleta, ou falando cos amigos, ou lendo a prensa, nas páxinas dun libro... Pero non chega a materializarse ata que me poño fronte ao ordenador e desde o teclado van saíndo coma formigas en ringleira unha palabra detrás da outra.
Cando tomei esta fotografía, o artigo xa estaba concebido. A deturpación e castelanización dos topónimos é un tema recorrente e estes letreiros situados na vella estrada C-533, en Berredo, invitaban a falar do asunto. Os topónimos están tan desfasados (MELIDE do Mellitus antroponímico, AGOLADA de Aquam Levatam ou Aquam Latam) coma os propios indicadores, nos que prendeu a ferruxe e a mentira. Desde a construción da nova estrada as distancias acurtáronse e o resultado actual sería 11- 7. Digo resultado porque os letreiros tamén me suxeriron un marcador dun partido de fútbol con abundancia de goles.
E falando de goles, cómo chamarlle ao que nos queren meter aos de Agolada coa variación do trazado da autovía Santiago-Lugo, alonxándoo da nosa vila. Somos varias as persoas que repartimos os afectos entre Agolada e Melide e vivimos moi afastados da polémica suscitada. Sabemos da demanda xusta de Melide e entendemos as razóns que incialmente levaron aos técnicos a escoller este trazado. Gustaríanos unha solución salomónica que aínda que non contentase a ninguén, tivese alomenos a virtude do equilibrio, a sensatez de non ferir o orgullo dos pobos e a imparcialidade política.
Moitas cousas que propós para falar nun único texto. Son como caixas de Pandora!
ResponderEliminarA min entristéceme e éncheme de rabia oír eso de que "temos o que merecemos", pero ás veces, coa miña boca pequena, digo se non será verdade. Por todo, polos letreiros, pola castelanización, pola autoestrada. Quero pensar que non, e que sempre hai outra opción á que aínda non chegamos. Tamos no camiño, compañeiro!
Apertas!
Vanessa.
P.D. Ah, atopei esto esta mañá na prensa, que seguro xa coñeces, pero lembreime de ti:
http://www.elcorreogallego.es/index.php?idMenu=4&idEdicion=783&idNoticia=260936
Parabéns, pola parte que che toca, que non é pouca
Por desgracia exemplos como o deses letreiros hainos en demasía neste noso país.
ResponderEliminarNon sabía que A Golada derivaba de Aquam latam.
ResponderEliminarO dos carteis é moi común pola nosa terra, e algúns nomes sonan ridículos o leelos en castelán.
Un saúdo.
O da autoestrada é un gol que nos meten (se finalmente este é o proxecto definivo) tamén aos de Antas.
ResponderEliminar(E estiven mirando o link que deixou Vanessa. Felicítate por romper unha peza do baño??? jajaja)
Saúdos
Eu non sei como o fas pero fas unhos artigos ben interesantes. Bicos
ResponderEliminarEu sentín dicir a un camioneiro que ía a " Melliz ". Sooume pior ca un peido.
ResponderEliminarComo unha peza do baño?? Non. É a información que publica o Correo sobre a rehabilitación dos Pendellos na Golada.
ResponderEliminarPóñoa outra vez, a ver.
http://www.elcorreogallego.es/index.php?idMenu=4&idEdicion=783&idNoticia=260936
"tivese alomenos a virtude do equilibrio, a sensatez de non ferir o orgullo dos pobos e a imparcialidade política."
ResponderEliminarAmigo Manolo, ¿volviche a beber ou...? :-)