6 de febreiro de 2008

MÁMOAS DA CHOUSA DO ACEDO

En repetidas ocasións citei nesta páxina a riqueza arqueolóxica das terras de Agolada. Hai pouco naceu outro blog, Terras de Ventosa e Camba, no que se recollen múltiples expresións desa riqueza prehistórica. Dámoslle a benvida (tedes ligazón nesta mesma páxina).
As fotos corresponden as dúas mámoas diferentes, situadas en Vilanova (Borraxeiros), á beira do camiño natural e antigo que comunicaba Borraxeiros con Amance e Basadroa. Forman parte dunha necrópole de sete mámoas, catalogadas cos nomes de Mámoa da Lagoa/Chousa do Acedo/Lagoa Pequena (1,2,3,4,5,6,7).
Na foto superior podemos ver dous chantos da cámara dolménica, expoliada e co túmulo moi alterado.

Estas dúas fotos corresponden á mesma mámoa, situada a corenta metros da anterior, na que chama a atención o enorme e ben conservado túmulo. As medidas do túmulo están próximas aos trinta metros de radio e uns catro de altura sobre o terreo circundante. Presenta un cráter de expoliación que deixa ao descuberto seis chantos da anta funeraria.

1 comentario:

  1. Dende logo que temos unha riqueza arqueoloxica enorme.
    Chegan a ter isto nos EEUU e facianse de dolares montando parques tematicos.

    ResponderEliminar