7 de febreiro de 2008

IV COPA GALEGA DE KAIAK EXTREMO EN RAMIL

Marcial Barral e Libia Oro mándanme o cartel anunciador da IV Copa de Kaiak extremo que se celebra esta fin de semana (9 e 10 de febreiro) nas Torrentes do Ulla, entre Mácara e Ramil. O lugar é espectacular e a baixada das canoas, tamén.
Este evento vén a sumarse ás múltiples iniciativas que ultimamente se anuncian para a zona agoladense ribeireña do Ulla. É xa unha cita consagrada, con participación internacional e que inexplicablemente resulta descoñecida para bastantes conveciños.
Os amantes do deporte e da natureza teñen aquí boa ocasión de pasar unhas xornadas agradables, nas que ademais se anuncia bo tempo.

6 comentarios:

  1. De paso que van polo rio, ben podian mirar se pescaban unha lampreiña.

    ResponderEliminar
  2. A lamprea non se da nesta parte do berce do Ulla, Suso. Temos troitas, pero lampreas non.
    O cartel é espectacular, igual que a actividade. Eu case sinto vértigo con solo velos...

    ResponderEliminar
  3. Sinto moítísima admiración por os que practican ese tipo de deportes, porque eu sempre fun tan debilucha e cagadiña...
    :)
    Que ben que a zona teña ofrecimentos para este tipo de deportes e turismo de aventura

    ResponderEliminar
  4. Grazas a todos polos vosos comentarios.
    Amiga Zeltia, visito con frecuencia a túa páxina e quero deixarche comentarios, igualmente. Coa túa última entrada foime imposible deixarche nada, por máis que o intentei. Sucedeume varias veces, ao querer copiar as letras máis prominentes, nunca acerto.
    Quero que saibas que coincido absolutamente co das gabias e a soberbia que erguemos como valados infarnqueables.
    Seguirei a inetntalo.
    Unha aperta.

    ResponderEliminar
  5. Manolo,...¿Cal é a paxina de Zeltia, gustariame visitala, tamne...
    Suso, che digo o mesmo que chousa da Alcandra, pero matizo.....Tiñamos troitas, e ben boas, eu durante unha época fun pesacdor, agora xa fai tmepo cambie a caña pola bici....Pero tamouca ai moito que sacar do rio, lamentablemente

    ResponderEliminar
  6. A páxina de Zeltia é Sin pena ni gloria. Tes a ligazón nos meus blogs amigos.
    Saúdos, Ángel. A ver se nos miramos algún día destes.

    ResponderEliminar