Hai días lin na prensa a noticia de que Galicia Vento pretende expandirse polo concello de Agolada, apropiándose dos horizontes, dos curutos e das paisaxes. Hoxe souben da verdadeira dimensión de tal pretensión. O número de tarabelas que solicitan e o tamaño dos aeroxeradores asustan. Máis de 60 torres que empezan por descolgarse desde o cumio do Farelo pola aba de Ventosa, o monte de Laxe (Ventosa), a serra de Órrea e o Picolongo. Que nos queda?
Nestas dúas fotos vemos a Pena Gundín (arriba) e a Pena Maior (abaixo) desde a Pena Grande, en Santandré. Os seus perfís e os dos outros montes citados veríanse seriamente danados coa instalación do parque eólico e o concello de Agolada quedaría totalmente sen monte virxe.
Ante a instalación de tanta potencia eléctrica, sinto unha enorme rabia e non menos im-POTENCIA por cedermos tan gratuítamente ante esta praga que vende quilovatios a prezo de ferrados de paisaxe irrecuperable.
E dóeme saber dos vendepatrias que claudican ante un prato de lentellas e invocan como único argumento o de "enerxía limpa e renovable"· Isto non é nin máis nin menos ca un negocio no que alguén fai moitos cartos e a outros tócanos sufrir as consecuencias negativas. E se de enerxías limpas falamos deixemos os coches e fagamos a maior parte das viaxes á pé ou en bici.
O tema da enerxía dá para debater longamente: tipo de enerxía, aforro de enerxía, fogares ecolóxicos, illamentos térmicos, etc.
Non é máis progresista o que máis produce, creo que hoxe corresponde dicir que é máis progresista quen menos consome, quen se arranxa con menos e quen destrúe menos o medio ambiente.
Pois a ver cómo facedes, porque si a xende cede ou vende, xa me contarás. Só queda recurrir ó tradicional, manifestacións dos veciños, aínda que non sei si servirá de nada.
ResponderEliminarUn saúdo.
O máis jodido de todo isto é que non teño moi claro que os cartos que todo isto xenera, queden no país.
ResponderEliminarSaúdos
Amigo Busto, calquera día saímos voando.
ResponderEliminarTamén os encoros de Belesar, Peares... son enerxía limpa, pero deixaron ás xentes desas comarcas sen as mellores terras de viño, hortícolas,. ¿despoboación no rural? como non.
ResponderEliminar