Esta imaxe, cedida do álbum de José García Piñeiro, é merecente de figurar nunha antoloxía fotográfica, por costumista, pola composición, polo mosaico de actitudes onde cadaquén parece representar unha acción, pola suma de elementos festivos (copas, botellas, xerras, garrafóns, vasos, pocillo, regadeira...), pola harmonía do conxunto, pola paraxe campestre escollida como escenario...
Foi tomada en O Castelo (Cadrón) a finais dos anos 50 e nela recoñezo a María do Carme Cumplido, trala nena que sostén unha botella en horizontal e a Luísa Cumplido, sentada e con vestido branco.
Ningún comentario:
Publicar un comentario