23 de marzo de 2008

LIXO NOS MONTES

A quen corresponda,
carta che escribo:
o lixo que tiras
non é de recibo.
A quen corresponda,
mándoche aviso:
manter limpo o monte
é un compromiso.

¿Que xeito teriamos para facerlles comprender aos veciños das aldeas colindantes con este monte para que deixen de emporcar a paisaxe?
¿Quizais se houbese un punto limpo e se lle facilitase información e o acceso a el?
¿A quen lle corresponde limpar este monte agora?
Este é un exemplo, dos bastantes que podería traer, dun monte de Agolada, onde nun radio de douscentos metros hai varios vertidos incontrolados de lixo.

16 comentarios:

  1. por desgracia non é unha imaxe que sorprenda...

    ResponderEliminar
  2. É unha mostra máis do desinterés cara ao natural que hai por aquí. No mesmo saco habería que meter os incendios, os verquidos, o maltrato cos animais e prantas, etc.
    E esta cultura non cambiará nin en tres xeracións.

    ResponderEliminar
  3. Unha denuncia no concello, con fotos que non poidan ignorar.

    Un saúdo.

    ResponderEliminar
  4. O úneco que funciona, é que os concellos tomen cartas no asunto e impoñan fortes multa por tirar o lixo, e inda así os hai que andan a tiralo as agochadas.
    É verdadeiramente difícil que a xente tome concienza das cousas que son de todos.
    Unha aperta.

    ResponderEliminar
  5. en todos os sitios cocen fabas, tamén por acó

    ResponderEliminar
  6. O noso Concello é el mismo o que fai vertidos, e sobre todo permiteos sin tomar cartas no asunto.

    ResponderEliminar
  7. Vim agradecer a amável visita, que espero ver repetida.
    Parabéns pela denúncia destas agressões á paisagem.
    Feliz Primavera.

    ResponderEliminar
  8. Por desgracia, esto pasa en case tódolos concellos. Eu que practico sendeirismo con frecuencia estou farto de ver vertedoiros incontrolados polos nosos montes. Por un lado os veciños non lles importa deixar a basura por aí ciscada; e por outro lado os concellos nin limpan os basureiros que xa hai, nin exercen controis de vixilancia, nin dictan normas para controlar os verquidos e multar os que se salten esas normas.
    E asi nos vai!

    ResponderEliminar
  9. solicitemos exposicións no centro das vilas, representemos alí as inmundicias, recollamos o lixo, acumulémolo no núcleo das vilas.

    ResponderEliminar
  10. Destas cousas por desgracia atópase en moitos montes. É moi desagradable. Bicos

    ResponderEliminar
  11. non che falta razón moita xente que non se entera do dano que fai, verte lixo nos nosos montes, pobre natureza. por desgraza non é a primeira vez que vexo algo parecido
    www.asbeirasdoarnego.blogspot.com

    ResponderEliminar
  12. o mais lamentable é que os vertedeiros incontrolados, son como as lagoas do ruidera....Saen aqui e acola incontroladamente, por moito que se limpe....aparece outro nalgures.
    Quizais si por parte dos concellos se arbitrase un servizo de recollida....os famosos puntos brancos. O mellor a xente xa non lle quedaba excusas, e asi polo menos os demais acabarian llamando "guarro", a os que o fixeran

    ResponderEliminar
  13. Hai hábitos de conducta ben perniciosos e estraños. Este, sin duda algunha, é un deles. Non atino a comprender como se pode agredir dese xeito ó entorno.
    Supoño que nos falta un chisco de aprendizaxe sobre o valor do "común", xunto cun exceso de individualidade.

    ResponderEliminar
  14. Menuda porcallada, tódalas iniciativa que propoñedes son boas.

    ResponderEliminar
  15. O concello d´agolada e en xeral toda Galiza están plagados deste tipo de imaxes, e o peor é que non se fai nada por evitalas. E iso que as das túas fotos non son das peores que hai cada desfeita destas por ahí adiante... saúdos

    ResponderEliminar