Hoxe pola mañá acerqueime a ver a carpa, instalada no aparcamento do novo recinto feiral e encontrei un circo moito máis grande cós que soen vir por aquí cunha frecuencia bianual.
A presenza deste circo e a celebración de dúas reunións de diferentes colectivos, de ámbito supramunicipal e no mesmo día, invitaba a pensar en algo digno de reseñar, máis propio dunha cidade.
A Federación Ecoloxista Galega celebrou a súa xuntanza anual no salón de actos do Centro da Terceira Idade, invitados pola asociación local Naturviva. Despois da reunión visitaron o Sobreiral do Arnego e xantaron en Carmoega.
Un colectivo moi numeroso de cursillistas de Pascua Bíblica, con xente de diversos puntos da diocese lucense, reuniuse no CEIP de Agolada desde as nove da mañá. Pola tarde escoitaron unha breve actuación da Coral Polifónica de Agolada e a continuación foron recibidos na Praza do Concello pola directiva de Amigos dos Pendellos.
Os compoñentes da FEGA, unha vintena de persoas, despois da visita ao Sobreiral, tamén quixeron visitar os Pendellos.
Realizaron unha visita guiada polo antigo mercado e non deixaron de manifestar a sorpresa de que se conserve un lugar coma este.
Puideron contrastar o estado actual do mercado con fotografías do pasado recente, nas que os Pendellos mantiñan intacto o seu estado orixinal.
Os compoñentes da FEGA, unha vintena de persoas, despois da visita ao Sobreiral, tamén quixeron visitar os Pendellos.
Gracias por hacernos llegar las noticias de "Agolada"
ResponderEliminarMoita actividade tendes na Agolada.
ResponderEliminarParéceme a min que vai máis o circo ahí que o meu pobo. ¡A disfrutalo!
Un saúdo.
Busto, moito traballaches este fin de semana... e iso que tiñas unha hora menos.
ResponderEliminarXa falta pouco para ver os pendellos restaurados, todo iso grazas ao voso empeño e tenacidade.
Si, tamén pasou o mesmo en Bandeira indo a Santiago. Eque teñen que pensar un pouco. Bicos.
ResponderEliminarGostei do blog.
ResponderEliminarFeliz semana.
Esta fin de semana houbo un programa na TVG (chamado "O país dos ananos") no que os rapaces disertaron sobre as diferencias entre cidade e aldea. Seguramente que os do Circo Roma non viron o programa!!
ResponderEliminarUnha aperta dende a cidade veciña
Busto, vexo na tua bitácora que desde que Agolada é cidade ata ten horario distinto... Cousas do progreso.
ResponderEliminarO caso do miliario é un caso máis de reciclaxe dos nosos ancestros cando aínda non existía esa palabra.
ResponderEliminarVexo que hai algunhas pintadas que afean o conxunto. Enfin, non se respeta nada de nada.