8 de marzo de 2008

PENDELLOS NA NOITE

É tarde e posúo pouco tempo para dedicarlle ao blog. Por iso non vou a estenderme co texto. A imaxe ten plasticidade abondo. Os Pendellos na noite. Foi na última Festa da Randulfa e para a ocasión colocáronse bombillas incandescentes baixo os tellados dos pendellos-expositores. O resultado da ilumación apunta unhas potencialidades totais para cando o recinto estea restaurado e ben iluminado.

14 comentarios:

  1. Unha imaxe mui plástica. A pedra sempre ten personalidade.

    ResponderEliminar
  2. Boa foto.
    Para comparar...ofrécenos unha dende o mesmo angulo con luz solar.¿Podes?

    ResponderEliminar
  3. Os pendellos, na noite están moi ben. Teño que ir eu un día a velos de noite. Bicos

    ResponderEliminar
  4. Gustaríame ir velo cando estea restaurado, ten moi boa pinta.
    Apertas.

    ResponderEliminar
  5. recordame ós pendellos da feira vella de chantada que hoxe non existen. non esquezades. saudos

    ResponderEliminar
  6. A min o que non me acaba de convencer dos pendellos é esa altura que lle deron a maiores, eses centímetros de máis na cima das columnas. (Nesa foto vese claramente na 3ª columna).
    Sei que son moito máis cómodos, que a xente agora é máis alta, pero esteticamente non me parece unha boa solución.
    Con todo, que bonita é a pedra, qeu bonitas sombras, que bonita foto.

    ResponderEliminar
  7. Eu tiven a sorte de poder visitar e disfrutar os pendellos pola noite o pasado verán. Realmente é como se fixeras unha viaxe no tempo cara uns séculos atrás. O contraste das luces e as sombras, que se reflicten nas pedras, crea unha maxia moi especial.
    Saúdos.

    ResponderEliminar
  8. E para cando se conta que estará lista a restauración?

    ResponderEliminar
  9. A foto sóbralle calquer texto...aínda que vindo de quen ven, xa se sabe.
    Un día terás que contarnos que cousas non sabes facer ben.
    Unha aperta.

    ResponderEliminar
  10. Moi bonita a foto. A verdade é que foi unha festa moi bonita haber se a repetimos. Sáudos

    ResponderEliminar
  11. Estaría ben fotografalos nunha noite de lua chea. Saúdos

    ResponderEliminar
  12. está moi chula a foto, sería unha estampa preciosa para unha postal... fai tempo que non me visitas, xa sabes, jeje...

    ResponderEliminar
  13. Para nosa frustracion, as pedras calaron, é o silencio dos xustos dorme o sono da ignorancia é ignonimia. Os pedellos quedaron mudos e nos somos culpables por no escoitar os lamentos deste silencioso abandono.
    Sinto moito pero "Amigos dos Pendellos", fracasamos....Ti dis que tres anos, Non, Manolo tres anos xa van, eu penso que cando caian enton alguen recordarà que tiñan un proxecto, un anteproxecto, un presoposto, unha idea...... E cando puidemos non presionamos dabondo. Como decimos por aqui:Pasou o dia, pasou a romeria.

    ResponderEliminar