12 de marzo de 2008

O DÍA E A NOITE

O amigo Chousa da Alcandra, desde Antas de Ulla, invítame a ofrecer a mesma imaxe da entrada anterior vista á luz do día. Velaí aquí a temos, cunha leve variación de ángulo e lixeiramente queimada polo sol de xullo de 2004.
Suso Acevedo desde Ribadeo comenta o inapropiado dos suplementos de madeira que hai na cima dos chantos dos pendellos. Dentro duns días poreille aquí un capítulo dedicado a este detalle.
Zeltia, desde A Coruña, pregunta para cándo as obras de inauguración. Difícil pregunta. Só vou expresar un desexo: oxalá se cumpran os prazos prometidos pola Administración, daquela faltarían tres anos.

6 comentarios:

  1. Grazas polas fotos e quedo anotado para a inauguración.

    ResponderEliminar
  2. Si señor, ben cumplida a petición. Os ángulos sonche ben similares.
    As duas perspectivas ofrecen unha idea moi completa desa área. A estética da noite case me atrae máis.
    Apúntome tamén para a festa da inauguración.

    Unha aperta

    ResponderEliminar
  3. bonitas fotos, cumpriche con chousa...www.asbeirasdoarnego.blogspot.com

    ResponderEliminar
  4. Unha cousa así tena os norteamericanos e fan un parque temático cos pendellos. Pero estamos neste país onde non se sabe como rematan as cousas.
    Un saúdo.

    ResponderEliminar
  5. Pois nese caso terei que ir antes velos... hay que vivir o presente! :)
    Espero pasarme algún destes dias de festa, despertáchesme as ganas de ver a vila, as aldeas os camiños de ese lado.
    Ben por facerlle caso a Chousa, quedan ben as duas fotos a carón unha da outra.

    ResponderEliminar
  6. Vou a buscar no meu arquivo esta mesmo panoramica, na noite e con neve......Cando a atope mandocha.
    Podemos facer unha especie de concurso de diferentes imaxes vista polos ollos de distintas persoas, dun mesmo pendello, ou entorno de pendellos.....¿Tal vez?

    ResponderEliminar