13 de marzo de 2008

PRESENTACIÓN OFICIAL DA ALDEA VERDE DE RAMIL

Marcial Barral e Xosé Luís Castro mándanme recado da feliz noticia da presentación por parte de ADEGA da ALDEA VERDE de Ramil (Agolada). Un ilusionante proxecto para o noso concello e para a comarca. Acompáñovos o texto que figura na páxina web de Adega. Os amantes da natureza e de Agolada non podemos faltar ese día.
Este domingo 16 de marzo ás 12 da mañá en Ramil (Agolada) convidámosvos á apresentación do noso novo equipamento na Ulloa: “A Casa da Eira da Xoana” sita en Ramil, San Martiño, Concello de Agolada. Neste local realizaranse as actividades de ADEGA vencelladas ao Proxecto “Aldea Verde” que visa a dinamización do medio rural a través de iniciativas sustentábeis e de Educación Ambiental. Estas actividades teñen tamén como obxectivo a potenciación, a divulgación e o coidado dos valores da comarca, tanto ambientais como culturais e etnográficos. Desexamos partillar convosco este convivio para o que convocamos a todos os socios/as e simpatizantes de ADEGA este domingo día 16 ás 12h en Ramil (Agolada).

2 comentarios:

  1. grazas pola información!! o 16 non poderei estar, pero a ver para o 21e22 de marzo. tes un blog estupendo,recollendo moitos aspectos distintos actuais e antigos do noso concello!!

    ResponderEliminar
  2. Xa recibin o teu correo. Estabamos xa avisados por Jose Luis, é tamen por Raquel....Posiblemente acercarémosnos, ali nos miramos, e falamos de todo un pouco. ¿Non si?
    Unha aperta.

    ResponderEliminar