Na foto aparecen seis mozos (ou case mozos), pero poderiamos estar moitos máis. Porque nos anos 70 esta pequena vila de Agolada experimentaba un importante auxe demográfico e a natalidade acadaba índices elevados. A efervescencia da vida naquel momento non permitía presaxiar a hemorraxia social que había de afectar ás xeracións máis novas a partir da segunda metade da década seguinte.
Os seis mozos da foto poden servirnos de exemplo. Cadaquén organizou a súa vida fóra de Agolada. Na actualidade viven (de esquerda a dereita) en A Coruña, en Sofía (Bulgaria), Lalín, A Coruña, Vigo. A lista dos desterrados é longa, uns poucos permanecemos nunha resistencia que ten pouco de numantina e máis de conxuntural. É o estigma que define ás aldeas e ás vilas do rural, e vai escrito nas facianas dos patrucios con grandes grafías de resignación e impotencia, incapaces de pórlle remedio á desintegración dun cosmos construído durante xeracións a base de sacrificios e múltiples traballos.
O seis mozos da foto escolleron de fondo para a foto o vestusto camión do Benito (Maderas Negro, OR - 1619), máis tarde pertencería a Celso González. Que me corrixan se afirmo que escoitei que o camión fora dos utilizados na Guerra Civil. Durou ata finais dos anos 80.
Foto do arquivo de Tucho Blanco Iglesias.
Aquí pasa o mesmo ¡todo o mundo se vai! Só quedan os xubilados e os que miran para eles. ¡Non hai traballo! o de sempre.
ResponderEliminarUn saúdo.
Es una tristeza... cada vez yo noto Agolada un poco más vacía.
ResponderEliminarGrazas busto pero non deixes de visitalos dous blogues. Bicos
ResponderEliminarO paso do tempo fai mudalos sitios e as persoas e as vidas collen rumbos diferentes...
ResponderEliminarUnha aperta.
:)
As fotos antigas teñen un gran valor. Pero as vidas antes eran distintas as de agora. Bicos
ResponderEliminarO éxodo da mocidade é historia común de case tódolos concellos galegos, sobre todo os do interior no que é moito mais acusado. E semella que a corto ou medio prazo non vai ter solución.
ResponderEliminarApertas.
semella que caeran bombas e pestes silentes sobre os nosos lugares. non só é un cambio económico senón a demais a perda ou destrucción do legado cultural.
ResponderEliminarForon outros tempos; nos que, ata os camións, se amortizaban a mais longo prazo.
ResponderEliminarO rural interior esmorece. Todos nós e mailas circunstancias somos culpables desta sangría.
Unha aperta