Vivimos nun mundo de tantas comodidades que todo nos ten que resultar fácil se non queremos sentir a sensación de frustración. Hai xa moito tempo que perdemos a épica dos exploradores e raras veces iniciamos unha viaxe que non tivésemos planificado minuciosamente con antelación. Nos últimos anos, coa aparición dos GPS confiamos a este aparello o éxito das rutas que emprendemos.
¡Que pouco espazo lle concedemos a aventura!
Para os que inicien a aventura de achegarse a Agolada, territorio de Pendellos, déixolles ben claras as coordenadas: latitude, lonxitude e altitude sobre o nivel do mar que tan ben cantara Serrat.
Con esta entrada recupero o ritmo blogueiro, aínda convalecente dun pinzamento cervical que me oprimía física e animicamente.
vaia, manolo, a recuperarse pois...
ResponderEliminaro certo é que xa ves que eu tamén ando só aos chiscos pola rede. pero gústame non ter gps, aínda que aquí, neste espazo cativiño non se precisa máis que o rumbo dos días a nacer. e para ir á agolada, alédame saber que tampouco.
bicos
bea (toxomar)
Hai que subirse ó carro da modernidade, ainda que todo o mundo sabe que Agolada queda...a dez minutos de Antas!!!
ResponderEliminarEspero que esas cervicais calmasen a sua tempestade
Apertas (amodiño)
Pois eu non teño GPS, pero estou aforrando para mercar un. Cando fun a Italia prestaronos un e sirveunos de moito. Agora quero un ainda que soamente sexa para discutir con él nas miñas viaxes.
ResponderEliminarÁnimo con esas cervicais.
Pois que non fose nada malo. Está ben. A min os GPS, por unha parte estou de acordo, pero por outra non me convence. Bicos.
ResponderEliminarAnda, no sabía que existía eso... saludos
ResponderEliminarXa me parecía raro tanto tempo sen postear. Supuña que tiña que ver coa xuntanza.
ResponderEliminarEspero que o mal das cervicais remita dunha vez.
Un saúdo sen contacto por se ascaso.
apuntadas quedan para a proxima viaxe a Galiza. Que se agora danme gañas de coñecer Agolada só se debe a este blog.
ResponderEliminarPrezado Manolo;
ResponderEliminarparécenche poucos indicadores os que nos levas dado ti no teu blog sobre a túa terra? Eu tamén son máis de perderme, de ir á aventura a ver que van descubrindo os pés e os ollos. Agás nas cidades, onde a maraña de rúas e cemento esixe unhas migas de pan para saber volver. Polo demais, como di miña nai, "todos os camiños levan á casa de meu pai".
Alégrome de que esteas mellor.
Saúde