21 de abril de 2008

DETALLES ARTÍSTICOS NA PEDRA DE GUILLAR (RODEIRO)

Andando polas aldeas da redonda, coa atención disposta a reparar neses pequenos detalles que as honran e diferencian, que falan con lóxica dos arxinas da filigrana da pedra, cantería viva, orixinal e distinguida; reparei nas chemineas rectorais, nos remates que laureaban o pazo das colleitas, nas lousas xacentes do camposanto.
Sucedía isto a finais do verán pasado na parroquia de Guillar, en Rodeiro, cando os velaugarridos emprendían a xira africana.









5 comentarios:

  1. Moi agradecido polo convite, aver se podo pasar, aínda que ando bastante ocupado. Moi interesante o teu blogue, hei pasar máis veces, teño familia pola zona de Agolada e sempre foi unha terra moi querida para min.

    ResponderEliminar
  2. Eu tamén un día de estes colgarei as fotos da excursion. Pasámolo moi ben. Bicos

    ResponderEliminar
  3. Todo un descubrimiento ese trabajo en la piedra, testigo silencioso.

    ResponderEliminar
  4. Admiro profundamente aos canteiros que labraron as pedras, especialmente as dos hórreos. Por extensión admiro e respeto aos donos que encargaban esas pezas, nas que os remates constituian un "sibaritismo" (moitas veces levaba tanto tempo facer os remates como un costal). Gracias a elo hoxe podemos admirar marabillas como as dese hórreo de Rodeiro que nos amosas. Sin palabras
    (Mágoa que non os coidemos coa mesma adicación e mimo co que foron construidos).

    Unha aperta

    ResponderEliminar
  5. Mui meritorio o traballo dos arxinas.
    Quedei abraiado cando me enteirei de que o cruceiro do Hío está feito dunha soa peza.

    ResponderEliminar