Con David estivemos moitos amigos. Recibiu os agasallos, a calor de quen o apreza e a palabra que o enaltece: amigo, mestre, escritor, home comprometido, galeguista, adaíl da lingua, "subversor", dinamizador cultural, animador, traballador incansable, presidente fundador de O Brado, loitador que acode alí onde o requiren os amigos...
Escritores, profesores, políticos, artistas, moitos que estamos comprometidos coa nosa Terra e coa nosa lingua quixemos estar á súa beira para testemuñarlle o noso afecto e recoñecemento.
Moitos foron os oradores. A música puxérona varios compoñentes de A Quenlla con Mini e Mero ao frente, amigos de vello, sempre maxistrais e entrañables.

David Otero é socio de honra da Asociación Amigos dos Pendellos. Desde o momento fundacional da Asociación estivo connosco en todos os actos importantes. Grazas, amigo e unha aperta de buxo.
Nominada na Resaca das Letras 08 e eu sen sabelo ata o ultimo momento, son cousas que pasan.
ResponderEliminarMira no meu blogue que che conto
Mirando a súa biografía nótase que merece unha homenaxe así.
ResponderEliminarEu xa din a miña opinion sentida, fai uns dias, na paxina que fago, como sabes de literatura e poesia,
ResponderEliminarhttp://espoesiadesdeagolada.blogspot.com/
Non me resta senon darlle de novo os mesus parabens.
Ás veces, case sempre, que entro no teu blog sempre me vou con certa penura, non me axuda a ser máis ditoso. Se llo conto ao meu médico, diríame que mata o mesmo que o alcól ou o tabaco.
ResponderEliminarUnhas veces lisco cos ollos cheos de fermosura e outras co corazón mancado, nunca mellor dito.
Mágoa de non posuir o don da ubicuidade.
Fareille chegar ao amigo David un anaco da meu querer.
Apertas das de verdade.