15 de maio de 2008

REGUEIROS

Aínda baixan regueiros de saúde preñados,
aínda soben gurgullos de eufonías polos prados,
aínda sabemos dos espellos líquidos mollados,
aínda escoltan ribeiras ameneiros e carballos,
aínda beben manantíos brétemas e orballos.
Aínda quedan ribeiras para abeberar o gando,
aínda ecoan as ninfas por cómaros e ribazos,
aínda gozamos da auga limpa do sábado,
ese camiño fluído, valioso e aprezado...
(Estas dúas fotos recollen distintos puntos do Rego de Santa Comba entre Carral e Vilariño).

4 comentarios:

  1. Un lugar fermoso e unhas verbas que non o desmerecen.

    Un saúdo.

    ResponderEliminar
  2. Bonitas fotos, debe de ser un lugar excepcional. Bicos.

    ResponderEliminar
  3. Un lugar moi fermoso. Non hai "regueiro" feo.

    ResponderEliminar
  4. Preciosas fotos, difíciles de localizar en anos anteriores polo mes de maio.
    Bonito blogue, tamén.

    ResponderEliminar