Entereime esta semana polo amigo Xosé Vázquez Pintor, da prematura e inesperada morte do poeta Xosé Carlos Gómez Alfaro a quen puiden coñecer e saber da súa afabilidade e mestría. Estivo en Agolada no ano 2005, no II Encontro nos Pendellos cando honraramos a Manuel Caamaño Suárez. Na sobremesa do xantar que compartimos no Pazo de Eidián leunos un poema do seu libro "O clamor da eclipse". Na tardiña puiden conversar tranquilamente con el na praza do Concello en Agolada. Emanaba cordialidade e os afectos nacían espontaneamente.
Agora, na lembranza sinto a dor da ausencia do home e do poeta solidario. Gustaríame que este apunte no meu caderno de bitácora sirva coma humilde homenaxe e recoñecemento póstumo nesta dorosa e inigualabre singradura da vida.
Reproduzo un dos poemas do seu libro "O clamor da eclipse":
Volvo a ti, si, albo volcán de abrentes,
a ti, nirvana nidio, saiba edénica,
de quen endexamais partín de todo.
Volvo ás longas lucenzas dos pomelos,
Volvo ás longas lucenzas dos pomelos,
ós sorrisos dos merlos saborosos
e ós lagos e ás gamelas que atesouras.
Volvo ó delta e á praia dos mil gozos
Volvo ó delta e á praia dos mil gozos
pola fartura aquela e a semente,
polos néctares netos e as mazurcas.
Volvo da matria moura dos solpores
Volvo da matria moura dos solpores
a ese encoro de paz do teu regazo
porque preciso o sol dos teus altares.
(Na foto inferior aparece á dereita en segundo termo durante o xantar no Pazo de Eidián).
Tes un agasallo no meu blog, pásate cando queiras por el. Un saudo
ResponderEliminarPois debeu ser un bo poeta. Eu non o coñecía, pero, polo que contas... Bicos.
ResponderEliminar