15 de xullo de 2008

AGOLADA NO PUNTO DE MIRA DA AVOGACÍA

O vindeiro sábado 19 de xullo unha cincuentena de letrados adscritos maiormente ao Colexio de Pontevedra pasarán o día no noso concello e visitarán os principais lugares de interese natural, histórico e artístico. Esta será a edición número 50 das saídas ao medio natural que organiza o Colexio de Avogados de Pontevedra. As indicacións de Xulio López Regueiro a Domingo Estarque (con raíces maternas agoladenses), ambos avogados, e a difusión do patrimonio agoladense neste blog fixeron posible esta iniciativa. Durante a xornada acompañarémolos Xosé Vázquez Pintor (lerá algúns dos seus poemas) e máis eu, que obraremos de guías a título persoal e como representantes da Asociación Amigos dos Pendellos.

11 comentarios:

  1. Sigo admirando o sobreiral do Arnego dende aquel día.
    Téñome fixado nas sobreiras ( ou corticeiros, como lles din en Arbo ) que hai na zona de Arbo e nin de lonxe se parece ao que tendes aí.
    O curioso é que a igrexa de Arbo ten arredor un via crucis e unhas sobreiras. Semella que tiñan un significado ritual antigo. Non sei.

    ResponderEliminar
  2. Parece que o empeño que poñedes en difundir as virtudes da Golada está funcionando. Alégrome, parecen terras que ben merecen varias visitas.

    Un saúdo.

    ResponderEliminar
  3. Con dous anfitrións así, augurolle un éxito rotundo á visita dos avogados, que, seguro, marcharán de Agolada coa mesma imborrable impresión coa que marchamos nós.
    Mágoa no ser avogada para repetir a visita! ;-)

    Unha aperta

    ResponderEliminar
  4. Un consello para os guías: tédeme moito tino, que rodeados de tantos ad vocatus a ver se vos ides meter en algún lio...

    ResponderEliminar
  5. Grazas polo bonito recordo desa foto, agora que xa estou de novo en cadiz e remataron as vacación estarei mais amiudi por aqui, Bicos e encantada de coñecerte a ti tamén

    ResponderEliminar
  6. Que grande es!!!! A túa paixón é contaxiosa. ¿Para cando o título de embaixador de Agolada? Lerte, e mirar polos teus ollos esa paisaxe e paisanaxe inmensas, é revivir aquelas horas entre Pendellos, sobreiras e fermosa xente, a da casa e a que, coma min, chegou de fora.
    Gracias amigo, apertas.
    Vicente Montoto

    ResponderEliminar
  7. Síntome un malcriado por non atender as razóns do corazón. Tamén sabes ou debes saber como somos de perdidos os que non temos reloxios nen celulares. Eu prométoche que nas vindeiras vacacións vou á Golada mesmo denantes de chegar :-)
    ¡Ai, se volvese a nacer...!
    Bicos e apertas.

    ResponderEliminar
  8. Preciosas as fotos e preciosa a paisaxe. Que sorte a dos avogados!

    ResponderEliminar
  9. Boas, compañeiro! Non houbo tempo para unha visita nestes días, pero aquí ando, buscando o momento de escribírmonos.
    apertas das boas!

    ResponderEliminar
  10. Se le echa de menos amigo. Espero leerlo pronto. Una tarde pasé y ya añoro su tierra. ¿Que tiene? La próxima semana, si todo va bien y no me pierdo, enseñaré los sobreirales a una buena amiga. Deseo que se lleve un buen recuerdo de Galicia.
    Un gran abrazo maestro.

    ResponderEliminar
  11. Unha aperta agarimosa para ti, os teus e todos os amigos que te visitan desde La Plata.

    Volvo axiña ;-)

    ResponderEliminar