Presidindo o val desde a cima, a Casa da Pena, con pasado fidalgo e muros brasonados, láiase do abandono e agarda pola man que a rescate e lle devolva o pretérito esplendor.
Segundo se baixa desde Brántega a Carmoega, o Pazo da Pena é a primeira casa que se atopa á dereita. Un portalón con arco de medio punto, no que as dovelas centrais aparecen planas, dá acceso ás construcións do pazo. A portada coróase cunha cornixa de perfil composto e tres ameas. Á beira do portalón, un ciprés centenario marca na paisaxe a fidalguía da casa.
As diversas dependencias organízanse arredor dun curral-patio onde aflora intermitentemente no chan a rocha esquistosa, a cal lle dá nome á Casa.
Ao fondo está o edificio principal, de dous andares, con corredor orientado ao leste. A solaina foi cegada na fachada sur.
A casa-cociña (foto de abaixo), os fornos , o lagar, as casas dos caseiros, un alpendre desde o que se accede á eira compoñen o total dos edificios.
O edificio data dos últimos anos do século XV e vese que experimentou algúns engadidos e reformas posteriores.
Os veciños do couto de Carmoega dependeron desta casa ata ben entrado o século XIX.
Na actualidade a casa está abandonada desde que morreu Ovidio Barral Sobrado, o seu último morador e pai do meu amigo Marcial Barral Vázquez.
Mágoa que unha casa tan fermosa estea deshabitada e abandonada !
ResponderEliminarUnha mágoa que eu non teña cartos para mercala.
ResponderEliminarDaba unha boa casa rural.
Percíbese señorío nesa casa. Opino coma paideleo e cuspedepita. Unha mágoa.
ResponderEliminarmire profe.usted xa sei ke vai a moitos sitios.esperemos k vaia en bici ou a pe pork se non acavaria coa terra
ResponderEliminaralumno