Posuímos bastantes fotos do Paseo da Parranda, de cando se mantiña íntegro, pero só unha na que se vexa a feira entre os Pendellos. Velaí pois o valor destas tres que veñen a incrementar o patrimonio gráfico co que pretendemos a recuperación da memoria da feira.
Foron feitas en 1970. E nelas podemos ver a varios mozos de Agolada, que paseban festivos por entre os feirantes. Nilo e Pepe Luís do Carril, Toño do Buxán, Benitín, Eugenio do Claudino e Manoliño do Carromao, prematuramente desaparecido pouco tempo despois desta foto.
Ainda que tampouco pasaron tantos anos dende esas fotos (40 tacos); eu non sei que raio teñen as fotos en branco e negro, que aportan un nivel máis de comunicación e de expresividade.
ResponderEliminarSaúdos no día da Feira de Antas
¡Canta vida pasou entre as pedras dos Pendellos!
ResponderEliminar