9 de setembro de 2008

808. III FESTA DA RANDULFA

Bico da Balouta é máis que un grupo de gaiteiros. Eles actúan como unha asociación cultural, que o son. Con base en Agolada, entenden a música na súa vertente universal e levan a súa actividade desde as tabernas e romarías de Agolada ata Lorient, Irlanda, País de Gales, País Vasco, etc.
Xa van pola terceira edición da Festa da Randulfa, encontros de música tradicional que naceron ao abeiro dunha praciña dos Pendellos.
A partir deste ano decidiron facela itinerante. Nesta ocasión levárona a unha área recreativa que hai onda a Ponte Vilariño.

Os actos do día comezaron cun pasacalles por Agolada, un concerto conxunto de varios grupos de gaiteiros na Ponte Vilariño, actuación do contacontos Celso Fernández Sanmartín e xantar de confraternidade baixo carpa e un ceo de nubes respectuosas. Na sobremesa, xogos tradicionais, concurso de espantallos, proxección de fotografías e música a esgalla.
Admiro o tesón e a ilusión deste colectivo na procura da resurreción desta sociedade aletargada e anestesiada.

1 comentario:

  1. Pois xa somos dous os admiradores.
    Non hai duda que este tipo de actividades son as que lle poñen a chispa ó noso rural na actualidade.

    Parabéns para os Bico da Balouta

    ResponderEliminar