outea o val das sobreiras,
tres casiñas teñen lume
no agarimo das lareiras.
Paradela de Carmoega,
empoleirada no vento,
sabe de soles e xeadas,
vive no esquecemento.
Paradela era repouso
dos viandantes de outrora,
concedía folgos e forzas
do cruceiro na súa sombra.
Humilde varal de pedra,
sobre camposa de herba,
distribúe os camiños,
ennobrece toda a aldea.
Eses cruceiros á beira dos camiños teñen unha enerxía e significación especiais. Resúltanme atraintes e sempre que paso a carón dun non podo evitar lembrar os motivos que levarían a ubicalo nese lugar.
ResponderEliminareu vou moito por alí no tempo da caza e dende o coto que está ó outro lado da estrada Agolada-Vila de Cruces, á altura da pista que vai a Paradela, hai unhas vistas verdadeiramente espectaculares.
ResponderEliminarUn saúdo de Alberto.
Gustoume esa poesía sentida como a primeira foto.
ResponderEliminarBonito lugar e bonitas poesias. Apertas
ResponderEliminarQue sitio máis chulo!
ResponderEliminarO cruceiro semella moito a un que hai na aldea onde nacín (Concello de Allariz). Estes cruceiros humildes, co capitel limpo, sen a virxe nin o cristo, teñen para min un engado especial.