O castro Marcelín ocupa unha posición xeoestratéxica que lle deu unha preeminencia sobre a contorna desde a época castrexa. É unha excelente atalaia para contemplar as concas do Ulla e a do Arnego. Pola médula do castro pasa a liña divisoria de ambas concas hidrográficas. Nas fotografías deste artigo quero deixar constancia desa situacion de privilexio. Na foto superior ollamos Melide cara o norte, co monte Bocelo como decorado de fondo. No medio quedan as terras de Santiso sucadas polo río Furelos, tributario do Ulla. A aldea de Cartas (Artoño) en primeiro termo.
Ollando ao leste-surleste queda o Farelo e en primeira instancia a encosta do Coteimil (no lugar que chamaban Monte das Sete Mámoas). Tras a liña do horizonte do Farelo xa están as terras lucenses.
A aldea de Cristín (Borraxeiros) aparece en dirección norleste-leste.
Xa case en dirección leste encóntrase A Ermida(Borraxeiros). O topónimo alude á pretérita existencia dunha capela dedicada a san Xoán. Na microtoponimia queda constancia da mesma no
Campo do Santo.
Sobre estas liñas en dirección leste divísase o Picolongo cuxo horizonte marca xunto co Farelo a divisoria das provincias de Pontevedra e Lugo. Na caída da liña do horizonte cara á esquerda estivo antano a capela da Virxe da Pena, santuario de tradición ancestral, derrubado por orde do bispo lucense a finais do século XIX, por ter sido profanado o templo.
O bosque de Borraxeiros, aínda vigoroso, coróase co monte do mesmo nome e co Agudel, á esquerda da imaxe.
Á dereita desta imaxe vemos Cristín e O Quinteiro (Borraxeiros) e na mesma dirección, xa preto do horizonte a vila de Palas de Rei (Palatium Regis).
Polo suoeste-oeste está a Vila Grande de Merlín, a aldea que queda máis preto do castro.
Astrar (Santa Comba) polo oeste. Nunha vagoada que hai máis atrás aparece Santa Baia de Palio (Lalín).
Cara o oeste, Ángel Utrera e Luís Viñas recréanse cos horizontes do Carrio, en terras de Lalín.
Agora que me dou conta, a ese non fun eu contigo e co nFátima? Si creo que si. Bicos.
ResponderEliminarCon esta didáctica e coa ben asimilada pedagoxía que amosas, eu quería volver ser alumno. Joder, non me digades que esto é infinitamente máis "amigable" que o encerado e maila tiza!!
ResponderEliminar(Aproveito para enviar saúdos ao meu veciño Luis Viñas e ao meu colega Ángel, a quenes vexo disfrutar moito nesta imaxe)
Xa me cheiraba a min que o Ángel Utrera tiña que andar en bici contigo.
ResponderEliminarEu tiven unha tempada que se daba por andar en mountain bike pero foi hai anos e hoxe nin teño bici.
Supoño que se vivise por aí conservaría a bici.
Estes castrexos sabían moi ben onde asentarse. Vaia vistas panorámicas.
ResponderEliminarBusto,
ResponderEliminarAndo ultimamente engaiolado coas fotos dun blog que creo que che ha gustar. Dálle un vistazo:
http://alexghalpon.wordpress.com/
Saúdos
Todo o que ves, sácaslle unha foto. Aiaiai... Bicos da tua filla
ResponderEliminar