A sobreira (quercus suber) é unha árbore que aparece nas parroquias ribeireñas de Agolada por influencia das correntes atlánticas que penetran desde o océano ata o interior de Galicia buscando os corredores fluviais. Aparece esta árbore espallada pola paisaxe de maneira irregular pero onde forma bosques con entidade é principalmente nas parroquias de Brántega e Carmoega. Da rendibilidade da árbore tírase a cortiza e a madeira empregada como combustible de alto poder calorífico.
Cada dez anos ou máis, a sobreira dá unha capa de cortiza. Agora xa case non queda quen as pele. Por iso me sorprendeu ver no pasado agosto a morea de cortiza da imaxe, sacada onda a capela de San Miguel, en O Casal (Brántega). Antano era habitual ver varias moreas de cortiza extraída en Brántega e Carmoega esperando a ser cargada en camións no lugar de A Feira Nova. Ata alí subíanse en carros tirados por xugadas de vacas.
Mesmo neste labor tamén comprobo como mudaron os tempos.
A min sempre me gustou a árbore que dá a crtiza. Bicos.
ResponderEliminarPolo miña zona as cortizas usábanse sobre todo para facer colmeas e corchos. Agora quedan poucas pero xa ninguén lles quita o seu vestido vexetal.
ResponderEliminarPor me sorprende a foto.
Pois esta fin de semana vin sobreiras no Courel que si estaban peladas pola parte de abaixo. Por certo, son árbores ben xeitosas.
ResponderEliminarEu sei de quen anda buscando cortiza para "forrar" un anaco de parede dun dormitorio... seguindo as recomendacións do feng shui..
ResponderEliminarsempre aleda levar sorpresas deste tipo, cando non contabas que seguira o costume de coller a cortiza.
ResponderEliminarDesde que visitei o Sobreiral do Arnego busco corticeiras e hai unhas poucas camiño de Arbo pero son pequenas e non fan bosque. Ao redor da igrexa de Arbo hai algúns exemplares e son grandeiros pero ninguén os descasca.