23 de novembro de 2008

830. TÚMULOS IRLANDESES

Hai xa máis dun ano, o amigo Xosé Luís Factor enviábame estas imaxes que tomou nunha viaxe que cursou a Irlanda. Coñecedor da defensa do patrimonio que levamos a cabo desde a Asociación Amigos dos Pendellos e da pretensión que tiñamos para poñer en valor o Dolmen dos Muíños; envioume estas tres fotografías para ilustrarme no coidado e interese que os irlandeses amosan polo seu patrimonio arqueolóxico. Quizais tamén para advertirme da rendibilidade cultural, social, turística e económica con que poden ser abordados.
As autoridades de Patrimonio deste noso país non son moi partidarias de intervencións de restauración e prefiren as de excavación, conservación e interpretación. Os irlandeses neste caso aquí exposto evidencian unha seria actuación de restauración do túmulo co seu corredor e a súa coiraza. ¿Exemplo a imitar? Certamente o monumento megalítico é moi atractivo polo descomunal tamaño e pola presenza engadida de petroglifos e parafitas (menhires).
Galicia, quizais nunha escala algo máis reducida, pode exhibir un rico patrimonio de mámoas e dolmens, do que a maioría dos galegos aínda non tomaron conciencia. Con independencia do tamaño, falan dun mesmo pasado e dun mesmo ritual funerario. Velaí as semellanzas que os equiparan en interese.

4 comentarios:

  1. Ola Manolo
    Impresiona o cachote de granito cheo de combinacións en espiral. Este tipo de combinación indica un desenvolvmento intelectual interesante para a época, superior a calquera manifestación de combinación circular ou outro tipo de grabado. Na nosa zona soamente aparece nunha rocha en Axiaz. Por certo onte día 23 de novembro dentro da miña afición cinexética descubrín unha mámoa nun lugar bastante brañeiro para tal fin. Cando menos curioso.
    Unha aperta
    Fernando

    ResponderEliminar
  2. Se polo menos se impedira que o noso patrimonio se destrúa xa nos dabamos cun canto nos dentes...
    Temos moito que aprender e que cambiar aínda nese sentido.


    Apertas

    ResponderEliminar
  3. Hola
    buen blog
    buenas fotografias
    felicidades

    teresa

    ResponderEliminar
  4. Concordo con Cuspe. A nós ainda nos queda camiño por percorrer de moito carallo.

    Unha aperta Busto

    ResponderEliminar