14 de decembro de 2008

839. A LAUREADA BANDA DE MÚSICA DE AGOLADA

Que hoxe, con algún retraso, reseñar os éxitos acadados ultimamente pola Banda de Música Municipal de Agolada. Gañaron na súa categoría (as categorías son fixadas polo número de compoñentes da banda) o certame provincial en Pontevedra e o galego en Santiago. É obrigado felicitalos a todos e salientar o traballo do seu director Nilo Fernández Armas máis os seus colaboradores.
Esta foto, que obtiven da web oficial do concello de Agolada, recolle a devandita banda nun dos certames que se celebran nos veráns en Agolada coincidindo coa Mostra de Artesanía. Ata aí todo correcto. Pero hai unha curiosidade na foto que non deixa de chamarme a atención: que pinta o Citröen escoitando o concerto en primeira fila? Como é posible que prevendo un concerto se deixe aparcar un vehículo mesmo diante de onde van tocar as bandas? Insólito e curioso.

5 comentarios:

  1. Eu tamén sigo o blogo de Ángel Utrera e sei dos éxitos da banda e alédome por todos.
    Gústame a foto dos pendellos nevados e non me extraña; os pendellos son mui fotoxénicos.

    ResponderEliminar
  2. Mira que a Citroen está en horas baixas, un pouco de música sempre ven ben para recuperarse.

    Noraboa a Banda de Agolada, aquí en Ponteareas, sempre foi unha terra con moita tradición musical, contando na actualidade con tres bandas no concello.

    Un saúdo

    ResponderEliminar
  3. Si señor, a banda de Agolada, xa se ve que é boísima. Eu escoiteina unhas cantas veces e encantoume. Bicos.

    ResponderEliminar
  4. Sabemos que as bandas de música, ou algunhas delas polomenos, viven da caridade oficial. As comisións de festas non se mollan e prefiren outros espectáculos porque din que as festas son para os máis novos. Pois eu que non son moi novo nen moi vello, apostaría por unha banda na sesión vermout e nas primeiras horas da noite, como teloneros ou algo así...
    Do coche, aínda non sei como ninguén se dou conta que é do señor director da banda, ou do alcalde, agora xa non o sei. Pero dun dos doús é.

    ResponderEliminar
  5. Que va ho!!! o coche é da monxa!. Si, carallo: de sor Citroën!

    (Parabéns á Banda de Música de Agolada)

    ResponderEliminar