Dando a volta descóbrese o burato do rodicio.
E pola gateira que hai na parte de abaixo da porta puiden fotografar a moa do muíño, sen moega, pero impecable.
Máis tarde souben que se trataba do muíño de parceiros dos poucos veciños de Cabanelas.
Recentemente fóronlle colocados os pináculos, que son os que despistan a primeira vista.
É, iso si, un muíño pequeniño e moi feito, movido pola forza dun minúsculo regueiriño que sae do lavadoiro que está a carón. Presenta uns sólidos muros de perpiaño, sen fendas e o tellado está completamente restaurado.
Tiña estado anteriormente en Cabanelas e nunca reparara no muíño. Aumento con el o meu catálogo particular de elementos etnográficos e patrimoniais.
A terra ten que sentirse moi orgullosa de que xente coma ti viva nela.
ResponderEliminarSaúde e terra.
Pois mira que ao principio, solo mirar o título, xa pendei que era un hórreo. Pero despois, xa descubrín o que era. Moi interesante....
ResponderEliminarBicos.
Poderíamos decir que é un muiño de incógnito,a verdade e´que aprendo e agradezo moito todo esto que nós contas.
ResponderEliminarun saúdo.
O certo e que é algo difícil distinguilos. Eu creo que é un horreo.
ResponderEliminarResulta tremendamente interesante ese muiño-hórreo ho. Teño que ir velo (non é que non te crea, pero apetéceme moito)
ResponderEliminarUnha aperta