Hoxe, 23 de decembro, quizais para celebrar que non nos tocou a lotería, organizamos unha saída do club
alamBIKE polas fermosas terras de Silleda. Partida convencional diante do Instituto Laxeiro de Lalín e segundo día de uso do flamante remolque portabicis.
Velaí o quinteto de alambikeiros nunha parada no descenso dun singular camiño de montaña abovedado con mimosas.
Parada e visita diante da igrexa de Fie
stras, que conserva elementos do románico e barroco.
En Escuadro, sobre a Pena da Auga. Milagreira. Sobre a rocha, pías interconectadas con auga permanente que acolle as ofrendas pecuniarias. Baixo a rocha, as flores e os exvotos.
Na Pena da Auga, rodeando a pía da auga milagreira.
Camiño da fervenza do rego de Escuadro. As paisaxes vestían sombra polo leste e o poñente solleiro era un torrente de luz sobre os carballos mestos.
O chan das sombras tapizado de xeada.
Outra paradiña con Férveda á vista.
A vertente de Férveda é unha tupida fraga de carballos salpementada con algúns piñeiros e ferida por algún eucalipto.
Para chegar á Fervenza houbo que vadear o Rego de Escuadro, non sen risco de se mollar.
Todo o esforzo quedou xustificado ante a contemplación da impresionante fervenza.
Cortinas de auga no amplo salón da montaña baixo os graves acordes da auga nunha sinfonía inacabada.
Espléndida xornada para o deporte, a camaradería e o turismo.
Si señor, bonito día de ciclismo. Bo nadal.
ResponderEliminarREalmente Fantastico o sitio e a Fervenza impresionante, xa me diràs como se achega un ata ala....
ResponderEliminarBo nadal...vemos axiña
Bo Nadal, amigos, non sabedes a envexa que me dades.
ResponderEliminarEu levo varios días sen poder saír da casa pelexando cos virus que se encariñaron este ano especialmente comigo.
Apertas.
Marisa
Ufff...trago saliva e aturo, mellor calo :-)
ResponderEliminar