27 de decembro de 2008
845. CEGOÑAS NO XARDÍN
Coñecía de antemán a presenza das cegoñas na comarca de Deza, concretamente no concello de Rodeiro. Sen embargo, levei unha verdadeira sorpresa cando vin as que vos presento nesta imaxe, nunha aldea de Lalín, non lonxe de Agolada. Axiña me viñeron á mente os efectos inmediatos do cambio climático imparabe. E máis sorpresa aínda ao decatarme de que eran un sucedáneo plástico, un inocente adorno de xardín sobre un toro seco de árbore chantado sobre plataforma de pedra. ¡Que desilusión! ¡Coa falta que fai que veña a cegoña (a real e a figurada) a este país de natalidade mínima! Tamén sentín mágoa de que non fosen de verdade porque a silueta destas aves dálle, se cabe, máis fermosura á paisaxe.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Vaia, non chegaba cos gnomos de plástico no xardín e agora ata poñen cegoñas. O artificial invádenos!
ResponderEliminarApertas e boas festas.
Non lembro se fai tres ou catro anos, tivemos unha parella de cigoñas por Antas. Tiñan trazas de querer aniñar na "torre" do campanario da Igrexa nova; pero ao cabo duns días unha das integrantes da parella desapareceu e a outra andivo sobrevoando sola uns días ata que tamén nos deixou.
ResponderEliminarResultaba unha estampa sorprendente.
A min pasoume igual cando pasei por ala cara a Cadron....
ResponderEliminarPor certo que cigoñas non, pero o que si podes atopar agora, no Ulla, son Garzas, ou garcetas, non sei moi ben. Eu xa atopeinas, unha vez na ponte Arcediago, e outra en Santiso, nos prados preto do rio, pola zona do pazo da pena.
A cousa máis sorprendente que vin na derradeira viaxe á terra, foi un horreo pintado coa bandeira española. E non vaiades a pensar que o digo con connotacións políticas, non, é unha cuestión de estética, o azul e o branco armonizan moito máis coa cor da terra e do ceu...
ResponderEliminarAs cigoñas paréceme ben, pero eu que son do concello de Vila de Cruces prefiro o galo de curral :-)
Mágoa que foran de plástico! :-(
ResponderEliminarUnha aperta.
Antón.
Se agora hai adornos de todo tipo.
ResponderEliminarNa zona de Porriño hai uns anos anidaba unha parella de elas nunha chimenea dunha fábrica abandoada. É o que dís, dáballe fermosura á paisaxe. Magoa que non todo o mundo as tratara ben, e acabaron por non voltar máis.
Hai xente para todo.
Un saúdo
Podo dar fe do que di Carlos Sousa. A fin das cegoñas no Val da Louriña foron os intereses humanos. A un veciño pasáballe a autovía pola súa casa para respeitar a parella de cegoñas. A solución: liquidar as cegoñas e que a autovía pase por onde aniñaban.
ResponderEliminarO adorno é bastante xeitoso.
Feliz 2009.