Ademais doutros elementos recollidos hai pouco tempo neste blog, os brasóns que campean nos muros do primeiro andar danlle ao edificio ese aire de señorío da fidalguía rural.
O primeiro deles aparece na parede do corredor, fronte á escaleira principal. Ten unha feitura antiga, presentando un contorno exterior con escotaduras e na parte superior, as esquinas cortadas, das que sobresaen dúas pequenas pestanas e rematado en punta. O campo é partido e trae no primeiro cuartel unha torre mazonada sen porta, con fiestra de arco (da que segundo os tratados de heráldica deberían saír moscas), surmontada de dúas lúas ranversadas e flanquedas por dous luceiros. E na parte inferior tres lises e tres luceiros desordeados. Representa a linaxe composta Mosquera-Villamarín (Mosqueira-Vilamarín). No segundo cuartel, unha lis surmontada por tres varas e superada por unha media roda de tortura de Santa Catalina, polos Varela.
Guau a min gustaríame poder ver máis cousas coam esas. Bicos.
ResponderEliminarPois son dunha feitura non moi habitual por estas bisbarras; non si?
ResponderEliminarSolo atino a porlles semellanza (na fisonomía) co que campea no hórreo do Pazo de Santa Mariña.
Unha aperta