Pronto soubo superar os atrancos idiomáticos e imbricarse naquel mundo que para el constituía unha reserva antropolóxica. Os retratados son tipos normais, protagonistas dun tempo e dun espazo, portadores do máis xenuíno do noso carácter forxado en longas horas de conversa mollada en viño e augardente a carón dun mostrador de bar ou taberna.
Na foto superior o Souto na súa taberna da Ponte Vilariño. Cantas lembranzas! Aquelas merendas estivais de pan e chourizo e o vaso de viño tinto despois do baño reconfortante na tosta da hidroeléctrica do Arnego!
Os rapaces de Agolada no futbolín do bar Avenida.
Taberna de Manuel, o Cambote, a mesma que bulía polas feiras e repousaba o resto do mes. Partida de cartas no bar novo do Pepe Tolo.
Bar do Pepe Tolo.
Como denominador común obtemos que case todos estes bares e tabernas foron pechando as portas coincidindo co inicio do devalo da vila de Agolada.
Queda o testemuño do Bar Avenida que resiste de cara á estrada principal, sen a concorrencia pretérita.
É un fotógrafo marabilloso que sabe captar a expresión da xente.
ResponderEliminarTamén o que escribes non ten desperdicio e Agolada débevos a volos dous bastante.
Non me extraña que te nominen para un premio.
Visiting you
ResponderEliminarOla Manuel. Ten razón o paideleo que tes moito de culpa que falemos marabillas da Agolada. En canto o da nominación ao premio, é un contribución humilde, caseira, entre amigos, a un blog feito con tanto cariño como o teu. Tódolos concellos merecen ter un Manuel Busto facendo de cronista. Unha aperta.
ResponderEliminarhola moi bonitas fotos e os dos pendellos fenomenal
ResponderEliminarbueno desexoche k sigas asi e co teu bonito blog
un besiño e unha aperta
ata logo
Estas moi ben as fotos. Mira que vin moitas fotos, pero estas son chulísimas. Bicos.
ResponderEliminarFermosas fotos lembranzas doutra época; dos chigres, eses centros comerciais das aldeas onde se vendía dende azucre a un sacho, polainas e mexillóns, puntas de piso e telas de franela.
ResponderEliminarE esa relación de amizade e camaradería entre o dono e o cliente.
Apertas.
De verdade que son ben fermosas, da gusto recordar o pasado ollando fotos antigas.
ResponderEliminarE tes razón, pola nosa zona a maioría foron pechando, quedan un par deles, pero xa estan modificados. Un aínda existe tal cual, e chamanlle (de cachondeo) "O corte inglés" xa que se pode atopar de todo alí, e se non o ten invitache a un chato, mentras o tomas o dono vai mercalo a onde poida e logo cobracho, e o chato tamén. Un feireante en toda regla.
Un saúdo.
Hola Busto. Gustaríanos ter a túa dirección para enviarche un agarimo polo fermoso traballo que estás a realizar. Máis adiante e se tiveses tempo gustaríanos ter algunhas palabras túas falando deste mundogalicia que nos arrodea, e especialmente dese centro da palabra en pedra que é agolada. Unha forte aperta.
ResponderEliminarO noso correo turismodepontevedra@gmail.com