Desde a orixe dos tempos a humanidade tivo que sobrevivir aos rigores do clima e malia os adiantos acadados despois de milleiros de anos seguimos acusando os efectos dos elementos. O temporal da fin de semana pasada deixou este país patas arriba, cos eucaliptos asasinos (nunha nova faceta descoñecida) e desvastadores atrancando vías e asoballando arames dos tendidos eléctricos. Sumidos na escuridade e coas calefaccións inoperantes chegamos a comprobar a nosa impotencia ante a forza destrutora do vento desaforado.
As fotos que hoxe ilustran este apunte recollen unha das rutineiras nevadas que invariablemente acudían cada ano pola Agolada da miña infancia. Foi en 1968. Nas fotos de arriba aparece a Praza do Concello, as de abaixo pertencen aos Pendellos.
Unha capa de neve, que superaba os 20 cms., era suficiente daquelas para deixar o pobo incomunicado e sen subministro eléctrico durante días, ás veces semanas. Conseguiamos soportar as frieiras detrás do lume da cociña e apelando a todas as mantas que houbese nas casas.
Nesta foto vese á dereita o desaparecido mercadiño dos queixos e algúns pendellos. Á esquerda aparece Xosé García Piñeiro, de cuxo arquivo obtiven estas fotos.
Se a loita contra os elemenos foi sempre unha constante da humanidade, non foi esta a peor ameaza que tiveron que sufrir. O peor inimigo veu sempre da man do "homo, homini lupus". Verbigracia o que acaba de acontecer en Gaza. Vaia cos elementos!
Non sei como te apañas para colgar sempre estampas tan chulas. Pois si, este inverno ten sabor "rancio" afortunadamente.
ResponderEliminarEfectivamente este está a ser un inverno "de reglamento".
ResponderEliminarA crudeza dos invernos de antano non é que estivéramos máis preparados para afrontala; sinxelamente é que daquela eramos menos dependentes da electricidade. Por iso eramos capaces de pasar semanas sin enerxía eléctrica.
Magníficas fotos.
Unha aperta
A neve é bonita para fotografar e admirar pero é dificil compartir vida co ela.
ResponderEliminarSolo os que vivimos eses dias na Golada apreciamos o valor de esos recordos.
ResponderEliminarFidel.