1 de xaneiro de 2009
FELIZ E LIMPO ANO 2009
Hai moitas formas de empezar o ano. Unha delas pode ser esta: buscar unha foto que che sirva de ilustración para expresar algúns sentimentos que bulen por saír. Encontrei a foto no álbum do meu sempre socorrido amigo Ton van Vliet. Velaí un anaco do lavadoiro da Eirexe, en Vilariño, con auga, cepillo, xabón e un trapo. Todo isto cómprenos para lavar a roupa. Pero neste 2009 que comeza a min gustaríame poder lavar a carraxe repetida e a desproporción que percorre os territorios palestinos, fregaría forte sobre a lousa inclinada do pilón tanta violencia exercida sobre as mulleres vítimas das súas parellas, enxabonaría e poría ao clareo aos trepas (no campo político e no económico), que tanto abundan e non dubidan en tripar os dereitos dos demais para abrirse paso na xungla global. Daríalle un bo lavado e centrifugado de mil revolucións aos malpensados, aos que só saben falar para destruír, aos que erguen a soberbia como bandeira no campo de batalla da vida cotiá, aos que só saben ver pallas no ollo do veciño ignorando a trabe que habita no propio; aos cínicos, aos hipócritas (especie que coloniza cada vez máis extensión de territorio), aos violentos, aos hedonistas, ...
Gustaríame lavar e axudar a cambiar algúns comportamentos desta sociedade na que vivo, que non me cadran nin concibo, mais aturo. E despois de moito lavar e, xa coas mans postas en faena, habíame meter eu tamén no pilón e lavaríame na corredoira pública, alí exposto ás miradas para que todos saiban que quen lava tamén é digno e merecente de ser lavado ou de lavarse cando e como lle pete. E a auga que saíse do pilón correría polo regueiro ata o prado para fecundar a terra coas miserias que todos arrastramos querendo ou sen querer, consciente ou involuntariamente.
E así, meus amigos lectores, podería dicirvos que vivades un ano 2009 limpo de po e lama. Mais como sei que de utopías non se vive, queda só niso, nun desexo cordial e razoable.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Unha boa proposta a que fas para este ano impar, a quen se lle auguran malos presaxios económicos e unhas manchas recalcitrantes de moitas inxusticias que enumeras con detalle.
ResponderEliminarOgallá, que unha vez ben lavadas as intencións no lavadoiro global, e cos propósitos ben deloirados; poidamos empezar a sentirnos orgullosos da sociedade que -entre todos- construimos.
Eu quero abrigar unha raiola de optimismo que se albisque polo medio deses nubarróns; así que refúzome as mangas e póñome de xeonllos no lavadeiro contigo!
Ogallá que o ano 2009 sexa xeneroso para cada un dos habitantes de Agolada e para ti especialmente. E que nos deixe gozar da vida e medrar nela.
ResponderEliminarApertas ao lonxe!
Feliz 2009. Ogallá que o xénero humano cambie para mellor, pero está complicado, moi complicado. Esperemos que a ilusión dun mundo mellor e a concordia entre todos os que habitamos este planeta prevaleza sobre a barbarie.
ResponderEliminarXenial entrada amigo Busto!
ResponderEliminarsi, as veces caio nas conta que non podo tentar construir a terra, os mares, as súas xentes se antes non sei de que barro estou feita eu.
Parece doado ver os errores doutros, mais a min o que realmente me quita o sono e saber que eu cometo moitos, moitisimos deses.
Que o dousmilnove, nos traia forza e saber facer para construirnos!
que me traia amizades como as coñecidas en Agolada!
Un biquiño!
Fermoso texto cheo desa emoción que tan ben expresas.
ResponderEliminarComo se gastaría demasiada auga nese fregado millor deixar a cousa en desexos de saúde e momentos felices.
Fermosa a foto de Von Vliet. Ese home sabe mirar nos detalles pequenos.
Pasaba por aquí para desearte un feliz año 2009. Saludos
ResponderEliminarun desexo ben loable, manolo. grazas!!!!
ResponderEliminar