1 de marzo de 2009

868. ORGULLO MUSICAL




Esta é a banda de música do meu pobo, ganadora do 1º premio do certame galego na súa categoría (número de compoñentes) e orgullo de todos os que alí nacemos e formamos parte.

Hoxe recibín un correo de Xosé Borrajo Calvo coas palabras arriba expresadas e no que me enviaba desde Málaga a ligazón cos vídeos de Youtube. Ademais da satisfacción de ver a banda do seu pobo natal, imaxínoo orgulloso de ver aos seus tres sobriños (exelentes músicos) actuando no Auditorio de Galicia en Santiago.

Eu sinto tamén unha enorme satisfacción non só polos éxitos, senón xa só polo feito de que exista a banda.

4 comentarios:

  1. Os meus parabéns para a Banda de Música de Agolada. Entendo que vos sintades orgullosos do seu bo facer e de que deixe tan alto o pavillón do voso pobo.

    Pero, como non podía ser doutro xeito; tedes nela unha representación de Antas. Precisamente a clarinetista que sae como "cara" do terceiro vídeo é miña veciña. Non vos estrañedes; xa que Antas é terra de músicos de toda a vida.

    Unha vez máis, as miñas felicitaciósn por ese premio para os compñentes da Banda e para toda Agolada.

    ResponderEliminar
  2. O de Chousa non é pura ironía, é oportunismo e envexa, jeje. Eu non vin a ninguén de Dorvisou, pero teño a ben recoñecer que David Fiuza Souto é amigo do meu fillo e fillo dun amigo meu.
    Tes razón MANOLO, o sorprendente é que aínda resistan as queridas bandas de música.
    Unha aperta con eso, con música.

    ResponderEliminar
  3. Eu que amo ao pobo de Agolada alégrome moito da existencia da banda de música, non só polo compoñente artístico, senón tamén porque é unha forma de que os rapaces/as teñan unha oportunidade de formarse neste arte e alternativas de ocio e lúdicas, para que non caian en mundos absurdos tan de moda hoxe en día; a bo seguro que os alpendres de onte ao escoitar a música da banda de hoxe sentirán moita nostalxia de tempos pasados non mellores nin peores, iso si, diferentes aínda que a musa da música sempre é nova e có remozamento da vila fai e fará que sempre estea viva, si !viva a Agolada¡.

    ResponderEliminar
  4. ¡Que buena, que bonita!

    Ton van Vliet

    ResponderEliminar