27 de febreiro de 2009

867. PROTESTA BOVINA

Dicía Manolo Rivas, respecto da baixa natalidade en Galicia, que o galego no pasado non protestaba, emigraba. E que iso habería que actualizalo dicindo que "o galego non protesta, non nace". E que así vai esmorecendo o territorio na soedade e no bucolismo dun campo cada vez máis fragoso e asilveirado.
O pasado domingo de entroido de percorrido polas terras do amigo Chousa observei a curiosa escena da foto e a mente fóiseme por varios derroteiros. A primeira idea foi parafrasear ao Rivas "a vaca galega non protesta, non pace", folga deitada e cavila preocupada por tanto descalabro no agro.
Tamén pode interpretarse como signo de abundancia. As vacas non pacen porque están "fartas". A escena, desde logo, é insólita: a media mañá vintetantas vacas xacían deitadas "criando o pasmo" (Castelao dixit). Só unha aproveitou para se erguer mentres eu desenfundaba a cámara.

3 comentarios:

  1. Manolo, por esta foto e co comentario que lle fixeches ben mereces un nóbel. Boísimo. Grazas por estar aí e facerme rir nestes días de cuaresma.

    ResponderEliminar
  2. Xa ves, Manolo, que as vacas de Antas son protocolarias. A pesares do ben que se está deitado ó soliño que esta pasada semana quentou o país; houbo unha que se ergueu ó teu paso. Seguramente foi a voceira da manada para darche o saúdo.

    Apertas

    ResponderEliminar