Estoutro modelo teño claro que se trata da TELELIXO. Ollade senón a oportunidade de apousentarse sobre os restos dun inodoro. Aí, á beira dunha vía pública, para escarnio e lamento colectivo por tanta ausencia de decoro e sensibilidade.
Prefiro un país menos rico e máis limpo, onde a cidadanía saiba coidar a natureza, os lugares de habitación , as vías, a paisaxe. De que nos serve tanta prosperidade consumista se non sabemos administrar e aproveitar os recursos?
Agora que andamos en tempos de mitins e desmesura de palabras gustaríame oír algo serio sobre consumo responsable, austeridade no consumo e reciclaxes de refugos. Un país con vistas no futuro debe propender á redución do consumo, a evitar a sobreexplotación dos recursos e á conservación inmaculada dos espazos naturais.
Levas moita razón.
ResponderEliminarE xa temos debatido sobre esta ausencia de "cordura" e tan escasa sensibilidade para facer estes verdadeiros atentados contra a natureza e contra do propio sentido común.
Hai que recoñecer que a meirande parte das nosas xentes nunca souperon valorar debidamente o ben común; mentras por contra hai un exacerbado apego ao propio.
Segue comprindo unha labor de concienciación que, quero estar seguro, ha chegar máis axiña que tarde.
Unha aperta
(E votar habemos votar, carallo; ainda que certamente se perciba un desencanto por algunhas esperanzas...)
Eu non o entendo, de verdade, como a xente é tan inconsciente.
ResponderEliminarManolo, sabes que te respeto profundamente e casi sempre estou dacordo contigo, pero hoxe teño que decirte que estou defraudado.
ResponderEliminarNON PODES DAR MARCHA ATRAS CANDO FAS ALGO NO QUE CRES E ESTAS CONVENCIDO DE QUE O FAS EN BOA LID, E SIN ANIMO DE OFENDER, ATACAR, CRITICAR- A CRITICA CONSTRUCTIVA TEN QUE SER UTIL SEMPRE, E AI QUE ACEPTALA, AUNQUE NON GUSTE- ELIMINAR O QUE SE DICE-ESCRIBE OU PENSA, PORQUE NON GUSTA A ALQUEN.....E COBARDIA, E TI PRECISAMENTE ESTA FEITO A LOITAR CONTRA MUIÑOS....¿E LOGO PORQUE?
Xa sabes a que estoume referindo, e dende logo os que te siguen neste ventanuco de fantasia tamen...Agardamos as tuas explicacions.
Unha aperta.
Por certo, eu non vou a deixar de decir o que me parece o que se faga, aunque empezo a estar bastante farto de toda esta historia.
A primeira foto parece dun anuncio da tele; a segunda debería estar inclúda nos spots que fai a Xunta con panorámicas típicas galegas (discúlpeseme a mala idea).
ResponderEliminarÉ triste que pasen estas cousas, o millor antigamente pasaba máis debido a mala conciencia que había, hoxe en día ver lixo a beira dunha estrada (ou en calquera outro lugar) é imperdoable.
ResponderEliminarNas estradas principáis a xente cortase un pouco, pero teño visto por camiños polo medio do monte casos así, unha mágoa.