aínda que ninguén a compre.
Vai caendo a pedazos,
morta a cámara lenta,
de inverno en inverno,
sen rastro de esperanza,
emblema da familia,
non o han recuperar
a doenza do verso,
a memoria ferida,
o estigma da perda.
Só a cultura do turismo,
o mercado inmobiliario,
a moda do rústico estilo.
CARLOS NEGRO.
Hai case un mes, Carlos Negro envioume por seu pai o agasallo do seu último libro de poemas: CULTIVOS TRANSXÉNICOS, premiado no Certame de Poesía Victoriano Taibo. Del escollín este poema que recolle algo do espírito que eu lle imprimín ao Aquam Latam desde os inicios. É tamén unha maneira de expresarlle o agradecemento de amigo e de dicirlle que me identifico nos seus versos.

En efecto, magnífico o libro de Carlos Negro. Para min dos mellores poemarios dos últimos anos, un poemario que se artella sobre a identidade. A min gústame este poema, e como é breve, que non pequeno, aí queda:
ResponderEliminarCambian os rostros
no ascensor
Cambian os coches
no garaxe
Cambian os nomes
nos buzóns
Na cidade dormitorio
nada é raíz.
Tremendamente actual ese poema.
ResponderEliminarNo meu último post eu doulles un berro aos políticos, que badúan e badúan; pero esquécense do rural. Queda claro que tamén temos que ser nós -os ruralitas, quen temos que mudar de actitude para non permitir que a memoria siga sangrando por esa ferida, e que mañán non sintamos o estigma da perda espetado no corazón.
Unha aperta